A solla de California[2] (Eopsetta grigorjewi) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das dúas recoñecidas actualmente no xénero Eopsetta.[1]
Trátase dunha especie de grande importancia comercial, que se captura ao longo da costa oeste dos Estados Unidos e o Canadá, e no mar de Bering, fundamentalmente con artes de arrastre.[3]
A especie foi descrita en 1879 polo zoólogo inglés afincado en California (Estados Unidos) William Neale Lockington, baixo o nome de Hippoglossoides jordani,[1] quen a dediou ao seu colega David Starr Jordan, iniciador dos estudos da ictioloxía nos Estados Unidos.[4]
Esta especie é un peixe plano cos dous ollos situados no lado dereito do seu corpo ovalado. A cara superior, pigmentada, é e coloración uniforme parda escura, e a inferior é branca, ás veces con tonalidades rosadas. Ten unha gran boca con dúas fileiras de dentes pequenos, en forma de frecha, na mandíbula superior, e unha soa fileira na inferior.[5]
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 53 cm nos machos e de até os 70 cm nas femias. O tamaño medio dos espécimes capturados é de 42,5 cm. O peso máximo rexistrado foi de 3,7 kg .[6]
A súa columna vertebral está formada por de 41 a 44 vértebras. A aleta dosal presenta de 87 a 101 raios, e a anal de 67 a 79. A orixe da aleta dorsal sitúase á altura do medio do ollo. A aleta caudal remata nunha ampla 'V'.[7]
É un peixe mariño, demersal, que vive en fondos de entre os 0 e os 550 m de profundidade,[8] nas costas do océano Pacífico norte, entre os 67° N e os 31° N, desde o mar de Bering e Alasca até as illas Coronado, ao norte da Baixa California (México).[7][9]
Os adultos viven sobre fondos de area,[10] xeralmente en augas profundas.[11]
Poden vivir até os 35 anos.[12]
Aliméntanse de invertebrados e peixes bentónicos.[4]
Eopsetta jordani é unha especie comestíbel e moi apreciada gastronomicamente que se pesca activamente con artes de arrastre,[3] nas zonas 67 e 77 (Pacífico leste e acíficoi centro-leste, respectivamente).[2]
Comercialízase en fresco ou como filetes conxelados,[10] e consómese cocido ao vapor, frito, asado no forno ou en fornos microondas.[6]
O fígado dos exemplares grandes son unha boa fonte de vitamina A.[4]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) declarou en 2010 o status da especie comno LC (pouco preocupante), debido a que, a pesar da pesca comercial de que é obxecto, e das flutuacións naturais das súas poboacións, non hai evidencias para suxerir que se cualifique a especie en ningunha das categorías de ameaza. Na actualidade, as poboacións están recuperándose. Porén, cómpre facer un seguimento dos niveis de poboación e das capturas para asegurar que as medidas actuais de axuda á recuperación do stock son suficientes para reconstruír a poboación da especie.[9]
A solla de California (Eopsetta grigorjewi) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das dúas recoñecidas actualmente no xénero Eopsetta.
Trátase dunha especie de grande importancia comercial, que se captura ao longo da costa oeste dos Estados Unidos e o Canadá, e no mar de Bering, fundamentalmente con artes de arrastre.