A morea serpente, Enchelycore anatina,[2] é unha peixe da orde dos angüiliformes e familia dos murénidos, subfamilia dos mureninos.[1]
A especie foi descrita por primeira vez en 1838 polo naturalista británio Richard Thomas Lowe (1802-1874) como Muraena anatina. Tras pasar por varios xéneros, hoxe está clasificada no xénero Enchelycore, que fora creado en 1788 polo naturalista alemán de orixe escocesa Johann Reinhold Forster (1729–1798).
Con forma típica de morea, os machos poden alcanzar una lonxitude máxima de 120 cm.[3]
É unha especie mariña, demersal, que habita en augas costeiras a profundidades de entre 3 a 60 m.[3]
Distribúese polo Atlántico oriental en augas subtropicais, entre os 40 °N e os 17 ºS, e entro os 32 °W e os 35 °E, nas illas Azores, Madeira, Canarias, Cabo Verde, Ascensión e Santa Helena,[3] téndose rexistrado unha única cita no mar Mediterráneo, na costa de Israel.[4]
A morea serpente é unha especie depredadora activa, que se alimentan de crustáceos e peixes. Adoita habitar agochada entre as rochas, a menos de 10 m de profundidade, esperando a que cheguen posíbeis presas.[3]
Posibelmente é obxecto de pesca de subsistencia e consumida localmente.[3]
A morea serpente, Enchelycore anatina, é unha peixe da orde dos angüiliformes e familia dos murénidos, subfamilia dos mureninos.