dcsimg

Morea anelada ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A morea anelada,[2] Channomuraena vittata (Richardson, 1845) é un peixe angüiliforme da familia dos murénidos, subfamilia dos uropterixiínos.

Taxonomía

A especie foi descrita por primeira vez en 1845 polo naturalista, explorador, militar, e médico cirutxián escocés John Richardson como Nettastoma vittata, sendo despois reclasifiucada no xénero Channomuraena.[1]

Características

Os machos poden chegar a alcanzar os 150 cm de lonxitude total.[3]

Distribución xeográfica

É unha especie de distribución circumtropical.

Encóntrase nas costas dos océanos:[3]

Bioloxía

A morea anelada é unha especie bentónica e solitaria, de hábitos nocturnos, que vive nas pendentes do noiro continental, agochándose en fendas das rochas.[3]

Pesca

É obxecto de pesca comercial no Atlántico centroocidental, nas áreas de pesca 34, e parte da 47.[2][4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Channomuraena vittata (Richardson, 1845) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 103.
  3. 3,0 3,1 3,2 Channomuraena vittata (Richardson, 1845) en FishBase
  4. Böhlke, J. E. (1981).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Böhlke, J. E. (1981): "Muraenidae", en W. Fischer, G. Bianchi & W. B. Scott (eds.) FAO species identification sheets for fishery purpose. Eastern Central Atlantic, Fishing Areas 34, 47 (en parte), Vol. 3. FAO, Roma.
  • McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Morea anelada: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A morea anelada, Channomuraena vittata (Richardson, 1845) é un peixe angüiliforme da familia dos murénidos, subfamilia dos uropterixiínos.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician