dcsimg

Gliros ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src=
Pica alpina (Ochotona dauurica).

O dos gliros (Glires) é un clado (ás veces clasificado como granorde, taxon situado entre superorde e mirorde) dos euarcontogliros que comprende as ordes dos roedores e os lagomorfos (coellos, lebres e picas).

Características

A súa característica exterior máis notábel é o gran desenvovemento dos incisivos: perderon os primeriros incisivos superiores e inferiores, os terceiros incisivos inferiores, os caninos e os primeiros premolares. Os segundos incisivos tamén desapareceron, pero no seu lugar teñen grandes segundos incisivos de leite de crecemento continuo. A súa dentición mostra polo tanto un grande espazo baleiro entre os incisivos e os segundos premolares: o diastema.

Taxonomía

Descrición

O grupo dos gliros foi establecido por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxía

O termo do latín científico Glires está tirado do latín glīrēs, plural de glīs, "leirón".[2]

Clasificación

Segundo o NCBI, na actualidade recoñécense dentro dos Glires as seguintes dúas ordes:[3]

Filoxenia

A hipótese de que estes animaais constitúen un grupo monofilético foi longamente debatida sobre a base de evidencias morfolóxicas, e estudos morfológicos recentes apoian a monofilia dos gliros.[4][5] En particular, o descubrimento de novo material fósil de membros basais dos gliros, especialmente dos xéneros Mimotona, Gomphos, Heomys, Matutinia, Rhombomylus e Sinomylus, ayudou a pechar a brecha entre os roedores máis típicos e os lagomorfos.[5][6] Datos baseados no ADN nuclear respaldan que Glires é un grupo irmán de Euarchonta, para formaren Euarchontoglires,[7][8] pero algúns datos xenéticos tanto do ADN nuclear como do ADN mitocondrial foron menos favorábeis.[9] Un estudo que investigou os datos de ausencia de retrotransposóns respalda de maneira inequívoca a hipótesis de Glires.[10] Estudos recientes sitúan a Scandentia como irmán dos Glires, invalidando a Euarchonta.[11][12]

Relacións filoxenéticas

Euarchontoglires    

Scandentia (escandentios) Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur, mit Beschreibungen (Plate 34) (white background).jpg

Glires

Rodentia (roedores) Ruskea rotta.png

   

Lagomorpha (coellos, lebres, picas) Bruno Liljefors - Hare studies 1885 white background.jpg

      Primatomorpha

Dermoptera (lémures voadores) Cynocephalus volans Brehm1883 (white background).jpg

     

Primates (†Plesiadapiformes, Strepsirrhini, Haplorrhini) Cynocephalus doguera - 1700-1880 - Print - Iconographia Zoologica - Special Collections University of Amsterdam - (white background).tiff

       

Notas

  1. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum Characteribus, Differentiis, Synonymis, Locis. Editio Decima 1:1-824 en Fossilworks.
  2. Etymology of the Latin word glis en myEtymology.
  3. Glires no NCBI. Consultado o 17-09-2015.
  4. Meng & Wyss 2001.
  5. 5,0 5,1 Meng, Hu & Li 2003.
  6. Asher, Meng & Wible 2005.
  7. Murphy et. al. 2001.
  8. Madsen et. al. 2001.
  9. Arnason et al. 2002.
  10. Kriegs et al. 2007.
  11. Meredith, Robert W.; Janečka, Jan E.; Gatesy, John; Ryder, Oliver A.; Fisher, Colleen A.; Teeling, Emma C.; Goodbla, Alisha; Eizirik, Eduardo; Simão, Taiz L. L. (2011-10-28). "Impacts of the Cretaceous Terrestrial Revolution and KPg Extinction on Mammal Diversification". Science (en inglés) 334 (6055): 521–524. ISSN 0036-8075. PMID 21940861. doi:10.1126/science.1211028.
  12. Zhou, Xuming; Sun, Fengming; Xu, Shixia; Yang, Guang; Li, Ming (2015-03-01). "The position of tree shrews in the mammalian tree: Comparing multi-gene analyses with phylogenomic results leaves monophyly of Euarchonta doubtful". Integrative Zoology (en inglés) 10 (2): 186–198. ISSN 1749-4877. doi:10.1111/1749-4877.12116.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Gliros: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician
 src= Coello (Oryctolagus cuniculus).  src= Pica alpina (Ochotona dauurica).

O dos gliros (Glires) é un clado (ás veces clasificado como granorde, taxon situado entre superorde e mirorde) dos euarcontogliros que comprende as ordes dos roedores e os lagomorfos (coellos, lebres e picas).

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician