A das Zinxiberales (Zingiberales) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.
Son semellantes ás bromeliales (que só inclúe a familia das bromeliáceas), das que se diferencian polas súas flores dorsiventrais ou asimétricas, pola transformación progresiva (retrogresión) dos estames en estaminodios corolinos, así como pola presenza de endosperma e perisperma nas sementes. Trátase de plantas herbáceas rizomatosas propias dos países intertropicais, que ás veces desenvolven falsos caules e grandes s de bordo enteiro,[1] (como se pode ver na figura á dereita).
A orde foi descrita en 1854 polo botánico alemán August Heinrich Rudolf Grisebach.[2]
Esta orde está amplamente recoñecida polos taxónomos, polo menos durante as últimas décadas, e inclúe moitas plantas ben coñecidas, como o xenxibre, o cardamomo, e a cúrcuma, da familia das cinxiberáceas, a ave do paraíso, da familia das estrelitziáceas, ou a bananeira, que pertence á das musáceas.
A orde está integrada no clado ou grupo monofilético das commelíninas (Commelinanae) clado dentro do sistema APG II de clasificación de plantas con flores (anxiospermas), 2003.
Este é único clado que o AGP considera dentro das monocotiledóneas; as monocotiledóneas restantes son un grupo parafilético. Este clado está integrado, ademais de pola familia das Dasypogonaceae, polas ordes das Arecales, Commelinales, 'Poales e Zingiberales.
As especies da orde das Zingiberales, xunto coas da orden das Commelinales, parece que evolucionaron hai ao redor de 80 millóns de anos, durante o cretáceo.
Tanto os sistemas de clasificación tradicionais (como o Sistema de Cronquist) como as recentes clasificacións filoxenéticas, como a APG II, recoñecen dentro da orde das Zingiberales as seguintes oito familias:[3]
Canna indica
(Cannaceae)
Costus comosus
(Costaceae)
Heliconia stricta
(Heliconiaceae)
Orchidantha maxillarioides
(Lowiaceae)
Calathea lutea
(Marantaceae)
Musa balbisiana
(Musaceae)
Strelitzia reginae
(Strelitziaceae)
Curcuma longa
(Zingiberaceae)
A das Zinxiberales (Zingiberales) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.