Os monos araña son o nome común de calquera dos primates do xénero Ateles («sen dedo polgar») pertencente á familia Atelidae. O nome Ateles fai referencia á ausencia dun polgar opoñible nas especies do xénero; só conta con apéndice vestixial.[1] Habitan en bosques tropicais, dende México até o Brasil.[2]
A variedade morfolóxica no referente á cor da pelame dificultou a clasificación das diferentes especies do xénero, facendo máis crible a clasificación baseada en ADN mitocondrial e nuclear.[3] A revisión de Kellogg e Goldman de 1944, recoñece 4 especies: Ateles belzebuth, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles paniscus.[4] Outro punto de vista defendido entre outros por Hershkovitz, considera que Ateles inclúe a unha soa especie, Ateles paniscus con diversas subespecies. En 2005 Groves, baseado en estudos de ADN, inclúe 7 especies dentro do xénero, Ateles belzebuth, Ateles paniscus, Ateles chamek, Ateles marginatus, Ateles fusciceps, Ateles geoffroyi e Ateles hybridus.
Viven en América Central e do Sur, dende o sur de México até o río Tapajós na Amazonia brasileira. Son primordialmente arbóreos, cumpren a maior parte das súas actividades nas densas cubertas dos bosques e selvas chuviosos e tupidos onde habita.
Segundo a especie, o seu corpo mide de 65 a 90 cm de lonxitude, e a cola prensil de 60 a 92 cm. Son de aparencia máis esvelta que os outros monos da familia Atelidae e pesan entre 7 e 10 kg. Teñen catro dedos e carecen de polgar. O corpo é alongado e os membros longos; a cor das diferentes especies varía de castaño claro a negro. As femias teñen como particular característica un clítoris alongado que supera en ocasións o tamaño do pene do macho.[5]
Os monos araña son o nome común de calquera dos primates do xénero Ateles («sen dedo polgar») pertencente á familia Atelidae. O nome Ateles fai referencia á ausencia dun polgar opoñible nas especies do xénero; só conta con apéndice vestixial. Habitan en bosques tropicais, dende México até o Brasil.