Pelagophyceae é unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas.[1][2] Estiveron clasificadas dentro de Chrysophyceae.[1]. En rexións como a costa do golfo de México teñen impacto na pesca xa que forman mareas "marróns" e sustentan a cadea trófica.[1]
Son ovoides e dun tamaño entre os 3-5 μm. Teñen unha teca orgánica, habitualmente estreita, que rodea a case toda a célula. Cando teñen flaxelos o aparato basal queda reducido a un menor tamaño. O pé dos flaxelos ten unha pequena hélice de transición, que está por riba da placa. A pelame dos flaxelos é bipartita ou tripartita, e sempre orientada no mesmo xeito. Carecen de placas "oculares", ou puntos de recepción lumínica [1].
Teñen cloroplastos con lamelas estreitas con tres tilacoides. Os plástidos conteñen clorofila a e c. A pigmentación que posúen son a fucoxantina, diatoxantina, diadinoxantina e nalgúns casos a 19'-butanoxilofucoxantina. Non teñen, porén, violaxantina. Posúen mitocondrias densas con cristas tubulares[3].
Soen ser bacterióvoros. Polo común, atópanse na fase vexetativa como células cocoidais flaxeladas con capacidade natatoria ou como masas celulares agregadas por algún composto excretado.[3]
Pelagophyceae é unha clase de algas unicelulares heterocontas mariñas. Estiveron clasificadas dentro de Chrysophyceae.. En rexións como a costa do golfo de México teñen impacto na pesca xa que forman mareas "marróns" e sustentan a cadea trófica.
Son ovoides e dun tamaño entre os 3-5 μm. Teñen unha teca orgánica, habitualmente estreita, que rodea a case toda a célula. Cando teñen flaxelos o aparato basal queda reducido a un menor tamaño. O pé dos flaxelos ten unha pequena hélice de transición, que está por riba da placa. A pelame dos flaxelos é bipartita ou tripartita, e sempre orientada no mesmo xeito. Carecen de placas "oculares", ou puntos de recepción lumínica .
Teñen cloroplastos con lamelas estreitas con tres tilacoides. Os plástidos conteñen clorofila a e c. A pigmentación que posúen son a fucoxantina, diatoxantina, diadinoxantina e nalgúns casos a 19'-butanoxilofucoxantina. Non teñen, porén, violaxantina. Posúen mitocondrias densas con cristas tubulares.
Soen ser bacterióvoros. Polo común, atópanse na fase vexetativa como células cocoidais flaxeladas con capacidade natatoria ou como masas celulares agregadas por algún composto excretado.