A dos cricétidos (Cricetidae) é unha familia de roedores miomorfos que forma parte da gran superfamilia dos muroideos.
Esta familia inclúe, entre outros animais, aos hámsteres, as ratas de auga, os lemmings e as ratas e ratos do Novo Mundo. Con case 600 especies, é a segunda familia de mamíferos máis numerosa.
Os cricétidos foron inicialmente clasificados como parte da familia dos múridos e despois como unha subfamilia desta. Por outro lado, estudos xenéticos modernos puxeron en evidencia que parte das subfamilias e xéneros que foron incluídos tradicionalmente entre os critécidos non forman parte desta familia.
A familia foi descrita en 1817 polo entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, '5: 372.[1]
Na actualidade, a familia dos cricétidos subdivídese en 6 subfamilias (máis unha extinta), que inclúen 112 xéneros e unhas 580 especies vivas.[1]
Familia Cricetidae
A posición da subfamilia dos Lophiomyinae (cun único xénero, Lophiomys, e unha únicxa especie, L. imhausi) é incerta; foi considerada tamén como familia independente (Lophiomyidae), ou como subfamilia das familias dos Muridae e dos Nesomyidae.[2]