Plagiopyla é un xénero de protozoos ciliados.[2] Comprende nove especies.[3][4]
Son anaerobios que se encontran en hábitats sapropélicos, que presentan hidroxenosomas en lugar de mitocondrias e asociacións simbióticas con arqueas metanóxenas do xénero Methanolobus, que parece que é o que lles permite vivr nos seus ambientes anóxicos e mellora a súa taxa de crecemento. Os simbiontes metanóxenos están situados en grupos entre os hidroxenosomas. P. frontata pode chegar a ter 3.000 metanóxenos endosimbiontes por célula, os cales se benefician atopando refuxio no ciliado, evitando a competición con bacterias redutoras de sulfato, evitando o contacto co oxíxeno e aproveitando no seu metabolismo o hidróxeno dos hidroxenosomas. A división do metanóxeno é sincrónica coa do ciliado. Pódense cultivar os Plagiopyla utilizando bacterias illadas do seu medio ou de cepas cultivadas. O seu nome procede do grego plagios, oblícuo, e pylon, porta, cancela, o que fai referencia á súa abertura oral oblicua coas paredes cubertas de extensións das súas cinetias somáticas. Poden encontrarse en sedimentos e poden estender a súa distribución ascendendo pola columna de auga cando cambia a oxiclina ao longo das estacións. Aliméntanse de bacterias e poden consumir ata 4.000 bacterias por hora (o que non é moito comparado con outros ciliados) e a súa taxa de crecemento no laboratorio é lenta, un 25% da típica nos ciliados aerobios (e na natureza é máis lenta), polo que non son moi abundantes nos seus hábitat.[5]
Plagiopyla é un xénero de protozoos ciliados. Comprende nove especies.
Son anaerobios que se encontran en hábitats sapropélicos, que presentan hidroxenosomas en lugar de mitocondrias e asociacións simbióticas con arqueas metanóxenas do xénero Methanolobus, que parece que é o que lles permite vivr nos seus ambientes anóxicos e mellora a súa taxa de crecemento. Os simbiontes metanóxenos están situados en grupos entre os hidroxenosomas. P. frontata pode chegar a ter 3.000 metanóxenos endosimbiontes por célula, os cales se benefician atopando refuxio no ciliado, evitando a competición con bacterias redutoras de sulfato, evitando o contacto co oxíxeno e aproveitando no seu metabolismo o hidróxeno dos hidroxenosomas. A división do metanóxeno é sincrónica coa do ciliado. Pódense cultivar os Plagiopyla utilizando bacterias illadas do seu medio ou de cepas cultivadas. O seu nome procede do grego plagios, oblícuo, e pylon, porta, cancela, o que fai referencia á súa abertura oral oblicua coas paredes cubertas de extensións das súas cinetias somáticas. Poden encontrarse en sedimentos e poden estender a súa distribución ascendendo pola columna de auga cando cambia a oxiclina ao longo das estacións. Aliméntanse de bacterias e poden consumir ata 4.000 bacterias por hora (o que non é moito comparado con outros ciliados) e a súa taxa de crecemento no laboratorio é lenta, un 25% da típica nos ciliados aerobios (e na natureza é máis lenta), polo que non son moi abundantes nos seus hábitat.