Anabaena é un xénero de cianobacterias filamentosas que forma parte do plancto. É coñecida pola súa capacidade de fixar o nitróxeno, e pode ter relacións simbióticas con certas plnatas, como Azolla. É un dos xéneros de cianobacterias que produce neurotoxinas, que son nocivas para a as especies da súa contorna local, e para animais de granxa e mascotas. A produción destas neurotoxinas crese que é unha contribución que fai nas súas relacións simbióticas, protexendo a planta da presión dos herbívoros.
Crecen de modo intercalar por división de calquera célula do filamento. A súa división celular só se produce perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do filamento. Multiplícanse por hormogonios (cachos do filamento formados por células novas non especializadas). Forman células perdurantes (acinetos) para resistir períodos adversos, que ao xerminaren dan hormogonios. Os filamentos non son ramificados e presentan heterocistos (células grandes non pigmentadas que fixan o nitróxeno).[2]
En 1999 levouse a cabo un proxecto de secuenciación do ADN destas bacterias, no que se mapeou o xenoma completo dunha especie de Anabaena, que ten 7,2 millóns de pares de bases. O estudo centrouse no funcionamento dos heterocistos, que converten o nitróxeno en amoníaco. Certas especies de Anabaena foron utilizadas en campos de arroz, e demostraron funcionar como un efectivo fertilizante natural.
En condicións limitantes de dispoñibilidade de nitróxeno, as células vexetativas diferéncianse en heterocistos en intervalos semi-regulares ao longo dos filamentos. Os heterocistos son células que están especializadas terminalmente na fixación do nitróxeno. O interior destas células é microóxico como resultado dun aumento da respiración, a inactivación do fotosistema II produtor de O2, e a formación dunha envoltura engrosada por fóra da parede celular. O encima nitroxenase, secuestrado nestas células, transforma o dinitróxeno (N2) en amonio con gasto de ATP e poder redutor, ambos os dous xerados no metabolismo dos carbohidratos, un proceso que é suplementado, en presenza de luz, pola actividade do fotosistema I. Os carbohidratos, probablemente en forma de sacarosa, sintetízanse nas células vexetativas e móvense aos heterocistes. Á súa vez, o nitróxeno fixado nos heterocistes móvese ás células vexetativas, polo menos en parte en forma de aminoácidos.[3]
Anabaena utilizaouse como organismo modelo para estudar a visión simple. O proceso polo cal a luz cambia a forma das moléculas na retina, impulsando así as reaccións celulares e sinais que causan a visión en vertebrados, estudouse en Anabaena. As investigacións céntranse na Rodopsina Sensorial de Anabaena, que é unha proteína de membrana sensible á luz.[4]
Anabaena é un xénero de cianobacterias filamentosas que forma parte do plancto. É coñecida pola súa capacidade de fixar o nitróxeno, e pode ter relacións simbióticas con certas plnatas, como Azolla. É un dos xéneros de cianobacterias que produce neurotoxinas, que son nocivas para a as especies da súa contorna local, e para animais de granxa e mascotas. A produción destas neurotoxinas crese que é unha contribución que fai nas súas relacións simbióticas, protexendo a planta da presión dos herbívoros.
Crecen de modo intercalar por división de calquera célula do filamento. A súa división celular só se produce perpendicularmente ao eixe lonxitudinal do filamento. Multiplícanse por hormogonios (cachos do filamento formados por células novas non especializadas). Forman células perdurantes (acinetos) para resistir períodos adversos, que ao xerminaren dan hormogonios. Os filamentos non son ramificados e presentan heterocistos (células grandes non pigmentadas que fixan o nitróxeno).