Viridiplantae (literalmente "plantas verdes")[1] son un clado de organismos eucarióticos constituído polas algas verdes (fundamentalmente acuáticas) e as plantas terrestres (embriófitas), que evolucionaron a partir das anteriores.[3][4][5] Teñen células con parede celular con celulosa, e cloroplastos primarios derivados da endosimbiose con cianobacterias, que conteñen clorofilas a e b e carecen de ficobilinas. Existen máis de 350.000 especies de Viridiplantae.[6]
Nalgúns sistemas de clasificación, o grupo foi tratado como reino,[7] dándolle varios nomes posibles, como Viridiplantae, Chlorobionta, ou simplemente Plantae, este último amplía o tradicional reino das plantas para incluír as algas verdes. Adl et al., que elaboraron unha clasificación de todos os eucariotas en 2005, introduciron o nome Chloroplastida para este grupo, que reflicte que o grupo ten cloroplastos primarios con clorofila verde. Estes autores rexeitaron o nome Viridiplantae porque algunhas das especies non son plantas, tal como se entenden estas tradicionalmente.[8] As Viridiplantae están constituídas por dous clados: Chlorophyta e Streptophyta.[9] Xunto coas Rhodophyta e as glaucophyta, as Viridiplantae crese que pertencen ao amplo clado das Archaeplastida ou Primoplantae.
Unha avaliación taxonómica dos eucariotas baseada na distribución da miosina indica que as Viridiplantae perderon as miosinas de clase I.[10]
Filoxenia simplificada das Viridiplantae de acordo con Leliaert et al. 2012.[11]
Prasinococcales (prasinófitas clado VI)
Nephroselmidophyceae (prasinófitas clado III)
prasinófitas clado IX
prasinófitas clado VIII
Pycnococcaceae (prasinófitas clado V)
Mamiellophyceae (prasinófitas clado II)
Pyramimonadales (prasinófitas clado I)
Picocystis (prasinófitas clado VII)
CCMP1205 clade
clorófitas coreChlorodendrophyceae (prasinófitas clado IV)
clado UTC Streptophyta (Charophyta + plantas terrestres)Zygnematophyceae (incluíndo as Desmidiales)
Chaetosphaeridium (Coleochaetophyceae)
Coleochaete (Coleochaetophyceae)
Embriófitas (plantas terrestres)
Viridiplantae (literalmente "plantas verdes") son un clado de organismos eucarióticos constituído polas algas verdes (fundamentalmente acuáticas) e as plantas terrestres (embriófitas), que evolucionaron a partir das anteriores. Teñen células con parede celular con celulosa, e cloroplastos primarios derivados da endosimbiose con cianobacterias, que conteñen clorofilas a e b e carecen de ficobilinas. Existen máis de 350.000 especies de Viridiplantae.
Nalgúns sistemas de clasificación, o grupo foi tratado como reino, dándolle varios nomes posibles, como Viridiplantae, Chlorobionta, ou simplemente Plantae, este último amplía o tradicional reino das plantas para incluír as algas verdes. Adl et al., que elaboraron unha clasificación de todos os eucariotas en 2005, introduciron o nome Chloroplastida para este grupo, que reflicte que o grupo ten cloroplastos primarios con clorofila verde. Estes autores rexeitaron o nome Viridiplantae porque algunhas das especies non son plantas, tal como se entenden estas tradicionalmente. As Viridiplantae están constituídas por dous clados: Chlorophyta e Streptophyta. Xunto coas Rhodophyta e as glaucophyta, as Viridiplantae crese que pertencen ao amplo clado das Archaeplastida ou Primoplantae.
Unha avaliación taxonómica dos eucariotas baseada na distribución da miosina indica que as Viridiplantae perderon as miosinas de clase I.