dcsimg

Edwardsiella ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Edwardsiella é un xénero de bacterias gramnegativas, fermentativas, anaerobias facultativas con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae.[2] Foi descuberta inicialmente nas serpes en 1962. Son ocasionalmente patóxenos oportunistas dos humanos. Recibe o seu nome en honor do bacteriólogo norteamericano Philip R. Edwards.[1]

O xénero comprende catro especies:

  • E. hoshinae, unha especie móbil que non produce indol, illada de animais e humanos.
  • E. ictaluri, especie inmóbil que non produce indol, e é patóxeno de peixes siluriformes.
  • E. tarda, que é sinónimo de E. anguillimortifera[1], unha especie produtora de indol, que é bioquimicamente similar a Escherichia coli. Atópase normalmente en animais acuáticos e réptiles, e encóntrase no tracto intestinal de serpes e focas. Foi illada ocasionalmente da urina, sangue e feces humanas, e pode causar en humanos gastroenterite, xeralmente leve, e infeccións de feridas, sendo a única especie do xénero que produce enfermidades en humanos. Na India, atopouse en nenos con diarrea. A contaminación en seres humanos ten lugar sobre todo durante a interacción cos reservorios animais. Tamén se asociou cun cadro similar á febre tifoide, peritonite con sepse,[3] bacteremia posparto[4] e outras bacteremias.[5] Os fármacos de elección para o tratamento son kanamicina, ampicilina, cefalotina e cloranfenicol.
  • E. piscicida, é a especie máis recente, validada en 2013.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 LPSN Edwardsiella Arquivado 21 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  2. Janda, J. Michael; Sharon L. Abbott (2006). The Enterobacteria (2nd ed.). Washington, D.C.: ASM Press. p. 411. ISBN 9781555813420.
  3. J E Clarridge, D M Musher, V Fainstein, e R J Wallace, Jr. "Extraintestinal human infection caused by Edwardsiella tarda". J Clin Microbiol (en inglés) 11 (5): 511–514.
  4. Health Publications. Postpartum Bacteremia Caused By Edwardsiella tarda Infection. Consultado o 13 de setembro de 2014
  5. Harrison Principios de Medicina Interna, 17a edición. Infecciones por Edwardsiella.
lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Edwardsiella: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Edwardsiella é un xénero de bacterias gramnegativas, fermentativas, anaerobias facultativas con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae. Foi descuberta inicialmente nas serpes en 1962. Son ocasionalmente patóxenos oportunistas dos humanos. Recibe o seu nome en honor do bacteriólogo norteamericano Philip R. Edwards.

O xénero comprende catro especies:

E. hoshinae, unha especie móbil que non produce indol, illada de animais e humanos. E. ictaluri, especie inmóbil que non produce indol, e é patóxeno de peixes siluriformes. E. tarda, que é sinónimo de E. anguillimortifera, unha especie produtora de indol, que é bioquimicamente similar a Escherichia coli. Atópase normalmente en animais acuáticos e réptiles, e encóntrase no tracto intestinal de serpes e focas. Foi illada ocasionalmente da urina, sangue e feces humanas, e pode causar en humanos gastroenterite, xeralmente leve, e infeccións de feridas, sendo a única especie do xénero que produce enfermidades en humanos. Na India, atopouse en nenos con diarrea. A contaminación en seres humanos ten lugar sobre todo durante a interacción cos reservorios animais. Tamén se asociou cun cadro similar á febre tifoide, peritonite con sepse, bacteremia posparto e outras bacteremias. Os fármacos de elección para o tratamento son kanamicina, ampicilina, cefalotina e cloranfenicol. E. piscicida, é a especie máis recente, validada en 2013.
lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician