Tetronace nobiliana (Bonaparte, 1835) é unha especie de peixe elasmobranquio batoideo da orde dos torpediniformes, familia dos torpedínidos, unha das integradas no xénero Tetronarce.
Porén, algúns autores que só recoñecen nesta familia un único xénero, Torpedo, desígnana co nome de Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835.
É unha raia que habita nas costas do Atlántico oriental desde as illas Británicas e o mar do Norte até Suráfrica, así como en todo o Mediterráneo, agás no mar Negro, e do Atlántico occidental desde Nova Escocia (Canadá) até o norte do Brasil.[3]
Coñecida vulgarmente na bibliogradía internacional, entre outros nomes, como torpedo do Atlántico e torpedo negro,[4] é a especie de maior tamaño da familia dos torpedínidos.
É un peixe mariño, oceanódromo, bati-peláxico, costeiro, que nada torpe e lentamente a profundidades entre os 2 e os 800 m (usualmente entre os 10 e os 150 m).[5]
Distribúese en ambas as marxes do océano Atlántico, entre os 60° N e os 35° S, e entre os 82° W e os 36° E,[5] desde Escocia (sendo raro no mar do Norte) até Suráfrica, e en todo o Mediterráneo até o mar de Mármara (pero ausente no mar Negro), no leste,[8] e desde a Nova Escocia (Canadá) até o sur do Brasil, no oeste.[9]
É unha especie pouco común, e non ten interese pequeiro.[1][6]
Mal nadador, e de costumes máis ben nocturnos, mantense habitualmente enterrado no fondo até os ollos, cazando á espreita,[6] principalmente peixes óseos peláxicos e bentónicos e pequenos tiburóns, dos que se alimenta.[8]
É unha especie ovovivípara. As femias teñen un período de xestación duns 12 meses, ao cabo dos cales paren máis de 60 crías.[7][10]
Durante a xestación, os embrións aliméntanse inicialmente da xema do ovo, e posteriormente reciben alimentación adicional da nai por absorción indirecta do líquido uterino enriquecido con mocus, graxas e proteínas a través de estruturas especializadas. Ao nacer, as crías miden uns 23 cm.[7][10]
Os individuos xuvenís son principalmente bentónicos, e viven sobre substratos brandos ou en arrecifes de coral en augas pouco profundas.[1]
Cos seus órganos eléctricos este torpedo pode producir potentes descargas de até 220 V e 8 A.[11]
A especie foi descrita por primeira vez en 1838, co nome de Torpedo nobiliana, polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,[12] no tomo III, dedicado aos peixes, da súa obra Iconografia della Fauna Italica: per le quattro classi degli animali vertebrati (ler en liña), publicada en Roma entre os anos 1832 e 1841.
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguites:[2]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como DD (datos insuficientes) porque hai poucos datos dispoñíbeis sobre as súas poboacións e a tendencia destas, aínda que as enquisas suxiren que é rara no Mediterráneo. Cando é capturada con redes de arrastre de fondo, dado o seu escaso valor comercial, xeralmente desbótanse no mar, do que resulta que hai moi poucos datos sobre as capturas da especie, e sobre o impacto das actividades pesqueiras nas súas poboacións. Por outra parte, a destrución e degradación dos fondos das augas pouco profundas poden ameazar os exemplares xuvenís.[1]
Tetronace nobiliana (Bonaparte, 1835) é unha especie de peixe elasmobranquio batoideo da orde dos torpediniformes, familia dos torpedínidos, unha das integradas no xénero Tetronarce.
Porén, algúns autores que só recoñecen nesta familia un único xénero, Torpedo, desígnana co nome de Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835.
É unha raia que habita nas costas do Atlántico oriental desde as illas Británicas e o mar do Norte até Suráfrica, así como en todo o Mediterráneo, agás no mar Negro, e do Atlántico occidental desde Nova Escocia (Canadá) até o norte do Brasil.
Coñecida vulgarmente na bibliogradía internacional, entre outros nomes, como torpedo do Atlántico e torpedo negro, é a especie de maior tamaño da familia dos torpedínidos.