A papuxa común (Sylvia communis) é unha especie de ave paseriforme do xénero sylvia dentro da familia Sylviidae.
.........
meu rumoroso val dos pitorreises
das calandrias, das pegas, das papuxas,
polo serán enriba
nun solpor de lonxanos horizontes.
A papuxa común presenta unha lonxitude de 14 cm, envergadura de 22 cm, e iris marrón claro de 3'5 mm Ø. A plumaxe pasa desapercibida, o macho posúe a cabeza nun ton gris cincento até debaixo do ollo, coas partes superiores en pardo avermellado, con algunhas plumas das ás en cor marrón claro, a gorxa é branca, as restantes partes inferiores agrisadas e o peito esbrancuxado, lixeiramente irisado dun ton marrón claro. Nesta especie a femia é moi semellante, só que ten a cabeza pardusca e o peito algo máis avermellado.
Desenvólvese en terreos abertos con matos baixos, é dicir, en espazos abertos cubertos de matogueira, xa que se move polas vides, sebes de matogueira, silveiras, buxos, enebros, sabinas e queirugas entre outros, onde pode agocharse mentres segue o curso da súa vida. Localizado en lindeiros con matogueiras, en campos de cultivo, pradarías e bosquetes. Evita vivir preto de espazos habitados, e normalmente recean da actividade urbana, aínda que en ocasións pode observarse nas proximidades de pobos.
Son aves principalmente insectívoras, baseando a súa dieta en chinches, eirugas, bolboretas, formigas, abellas, mosquitos e moscas, entre outros, que caza sen descanso. Porén tamén pode inxerir, sobre todo no verán, cereais, e os froitos das matogueiras onde se agochan.
A papuxa común (Sylvia communis) é unha especie de ave paseriforme do xénero sylvia dentro da familia Sylviidae.