Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.
Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.[1]
O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.[2]
O nome científico Lagopus está formado pola unión dos elementos do latín científico lago- e -pus. O primeiro deriva da raíz do substantivo do grego antigo λαγὠς lagṓs, 'lebre'; e o segundo, de ποδόσ podós, xenitivo de πούς poús, 'pé'.[3] Literalmente: 'os de pés de lebre' (ou 'os de pés como os da lenre').
Na actualidade recoñécense no xénero as tres especies seguintes:[2][4]
A Real Academia Galega, no seu Dicionario, define lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».[1]
Para usarmos un nome diferente para cada unha das especies, séguese o criterio da Academia: «As escollas normativas deber ser harmónicas coas das outra linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, ...»[5]
Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.