A dos coleoideos (Coleoidea) é unha subclase de invertebrados protóstomos bilaterais, mariños, do filo dos moluscos e clase dos cefalópodos.[1]
Coñécense desde o carbonífero, foron moi abundantes no mesozoico, sobre todo no cretáceo, e hoxe en día a subclase agrupa a todos os cefalópodos vivos a excepción dos nautiloideos. Inclúe animais tan coñecidos como as luras, as sepias e os polbos.[2]
A diferenza dos nautiloideos, que posúen unha cuncha externa, os coleoideos teñen como moito unha cuncha interna que actúa como flotador e/ou soporte do corpo; algunhas especies carecen por completo de cuncha, e noutras está substituída por unha estrutura cartilaxinosa.
A subclase foi descrita en 1888 polo xeólogo, paleontólogo e malacólogo británico Francis Arthur Bather.
O nome científico Coleoidea está formado pola forma do latín científico cole-, tirada da voz do grego antigo κολεός koleós, 'estoxo', 'vaíña', co adición da desinencia -oidea, derivada do grego εἴδος eídos, 'aparencia', 'aspecto'. Literalmente, 'os que teñen forma de estoxo'.[3]
Subclase Coleoidea Bather, 1888
Porén, os taxa Decabrachia e Octobrachia non son considerados válidos polo World Register of Marine Species, que os substitúe polos de Decapodiformes e Octopodiformes.[1]
Así, no WoRMS temos:
Outros autores, que inclúen tamén as ordes extintas, fan esta outra clasificación:
Subclase Coleoidea
Os primeiros rexistros fósiles dos coleoideos datan do do mississipiense (carbonífero), hai máis de 330 millóns de anos. Describíronse algúns fósiles máis antigos, do Devoniano,[9] pero algúns deles son dubidosos, e os paleontólogos non están de acordo sobre se son coleoideos. Os grandes grupos de coleoideos baséanse na estrutura e o número de tentáculos. Os primitivos belemnoideos tiñan presumibelmente dez brazos iguais. As formas actuais modificaron ou perderon un par de tentáculos; así, os decapodiformes posúen un par de brazos modificados en longos tentáculos que teñen ventosas só na súa extremidade; los octopodiformes reduciron ou perderon por completo un par de tentáculos.
A dos coleoideos (Coleoidea) é unha subclase de invertebrados protóstomos bilaterais, mariños, do filo dos moluscos e clase dos cefalópodos.
Coñécense desde o carbonífero, foron moi abundantes no mesozoico, sobre todo no cretáceo, e hoxe en día a subclase agrupa a todos os cefalópodos vivos a excepción dos nautiloideos. Inclúe animais tan coñecidos como as luras, as sepias e os polbos.