A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.
Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.
Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.[1]
O dos hílidos constitúen un grupo de ras moi amplo e de gran éxito, que están presentes en gran parte do mundo tropical e temperado, agás en parte do SE asiático e na maior parte de África.
As tres especies europeas son membro típicos do xénero Hyla que, porén, é un grupo tipicamente americano. Son ras pequenas, repoludas, de pel lisa, con ollos coa pupila horizontal, patas longas e discos adhesivos na punta dos dedos, que se alimentan principalmente de insectos voadores que capturan con gran axilidade.
A reprodución ten lugar na noite, en pozas, lagoas ou en pequenos ríos de curso lento. Os machos desenvolven pequenas calosidades nupciais nos polgares, e abrazan ás femias nun amplexo axilar. Os ovos son depositados en paquetes flotantes, do tamaño dunha noz, que conteñen de 800 a 1 000 ovos. Os cágados, que tenden a seren solitarios, teñen unha profunda aleta caudal que se estende cara a diante até o dorso, e nadan con movementos rápidos similares aos dun peixe.[2][3]
A familia dividíase tradicionalmente en tres subfamilias, con 46 xéneros.[4]
Tres das anteriores subfamilias seguen incluídas en Hylidae, aínda que dúas delas considéranse agora como unha soa porque son monofiléticas.
A subfamilia Hylinae divídese, segundo certos autores, en catro tribos.[5]
O estudo xenético separou da familia Hylidae a subfamilia Hemiphractinae:[5]
Familia Hemiphractidae
Os xéneros Flectonotus e Gastrotheca considéranse parte da familia Amphignathodontidae.
A dos hílidos (Hylidae) é unha familia de anfibios anuros, coñecidos como ras arborícolas comúns, moi variábeis morfolóxica e ecoloxicamente.
Algunhas destas ras son verdes, aínda que existe unha gran diversidade na súa pigmentación.
Xeralmente aliméntanse de insectos, pero algunhas cazan pequenos vertebrados; outras, como as do xénero Cyclorana, entérranse na lama e pasan boa parte da súa vida baixo terra.