Zostera, as zosteras[1] é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebas[2]. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar"[3])) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.
As cebas atópanse nos substratos areentos ou nos esteiros, mergulladas ou a boiar parcialmente. A maioría das especies de zosteras son perennes e teñen longas e brillantes follas coma fitas de cor verde de 1 cm de largo e moitos de longo. Os seus curtos caules agroman dun rizoma abrancazado. As flores atópanse enclaustradas nas vaíñas das follas da base. Os froitos poden flotar. Non son en verdade algas: pertencen ao reino das plantas, son espermatofitas e anxiospermas.
Zostera son importantes para a deposición de sedimentos, estabilización de substratos e coma substrato de algas epífitas e de micro invertebrados, e coma abeiro de moitas especies de peixes de importancia económica.
Zostera, as zosteras é un pequeno xénero de plantas acuáticas pertencente á familia Zosteraceae. Contén dezaseis especies. Non son verdadeiras algas verdes, porén en galego son comunmente coñecidas coma cebas. (do xermánico: se: mar ou encoro, e blum: flor; "flor do mar")) ou xebras, nomes comúns dados a especies de algas verdes empregadas coma argazo fertilizante. Son abundantes na beiramar galega.