dcsimg

Dalatíidos ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供
 src=
Tiburón pigmeo (Euprotomicrus bispinatus).

A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes (Squaliformes) distribuidos por todos os océanos, tanto en rexións litorais como en alta mar.[1]

Características

Os dalatíidos son tiburóns de tamaño pequeno ou mediano (miden de 20 a 180 cm de lonxitude) con dúas aletas dorsais carentes de espiñas; a primeira, orixinada por diante das aletas pelvianas, pero moi cerca delas. Posúen órganos luminosos que aparecen como manchas negras principalmente na superficie ventral.

Taxonomía

A familia inclúe seis xéneros con 10 especies:[1]

Cómpre facer notar que, para algúns autores, as familias Etmopteridae, Somniosidae e Oxynotidae son clasificadas como subfamilias da famila Dalatiidae, como Etmopterinae, Somniosinae e Oxynotinae, respectivamente.[2]

En Galicia

Rodríguez Villanueva et al. citan a especie Dalatias licha como presente, ocasionalmente, nas aguas galegas.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Froese, R. e D. Pauly(Eds.) (2009): FishBase. World Wide Web electronic publication.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 17 de decembro de 2012.
  2. Dalatiidae en World Register od Marine Species. (en inglés) Consultada o 117/12/2012.
  3. Rodrñíguez Villanyheva et al. (1992).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

Outros artigos

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Dalatíidos: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供
 src= Tiburón pigmeo (Euprotomicrus bispinatus).

A dos dalatíidos (Dalatiidae) é unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos escualiformes (Squaliformes) distribuidos por todos os océanos, tanto en rexións litorais como en alta mar.

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician