Os forónidos[2] (Phoronida, do grego Φορωνίς -ιδος , Phorōnís -idos "descendente de Foroneo" personaxe que, segundo a mitoloxía, foi o primeiro home, fillo de Ínaco, unha divindade fluvial, e da ninfa Melia) constitúen un filo de animais celomados, protóstomos, sendentarios, bilaterais, con forma de verme e que posúen un lofóforo situado no extremo anterior do corpo. O seu aparato dixestivo ten forma de U e o ano ábrese preto da boca.
Os forónidos son mariños e benónicos; viven dentro de tubos quitinosos cementados en substratos duros ou escavados en sedimentos brandos, a miúdo en grupos. Colonizan desde a zona intermareal até uns 400 m de profundidade.[3]
O filo está composto tan só por 2 xéneros e ao redor de 20 especies vivas, coñecéndose representantes fósiles desde o Devoniano, sendo moi abundantes en épocas pasadas. O número e identificación das especies son incertos.[4][5]
As principais características do grupo pódense resumir nos seguintes puntos:
A pesar de que a boca se orixina a partir do blastóporo (como nos protóstomos), autores tan prestixiosos como Brusca & Brusca[3] considéranos deuteróstomos, xa que presentan segmentación radial e enterocelia. Estes mesmos autores supoñen que os forónidos son os lofoforados que menos cambios acumularon a partir do lofoforado ancestral, que viviu probabelmente no precámbrico; así, o primeiro lofoforado foi semellante a un forónido, e estaría na base dos deuteróstomos.
Os forónidos (Phoronida, do grego Φορωνίς -ιδος , Phorōnís -idos "descendente de Foroneo" personaxe que, segundo a mitoloxía, foi o primeiro home, fillo de Ínaco, unha divindade fluvial, e da ninfa Melia) constitúen un filo de animais celomados, protóstomos, sendentarios, bilaterais, con forma de verme e que posúen un lofóforo situado no extremo anterior do corpo. O seu aparato dixestivo ten forma de U e o ano ábrese preto da boca.
Os forónidos son mariños e benónicos; viven dentro de tubos quitinosos cementados en substratos duros ou escavados en sedimentos brandos, a miúdo en grupos. Colonizan desde a zona intermareal até uns 400 m de profundidade.
O filo está composto tan só por 2 xéneros e ao redor de 20 especies vivas, coñecéndose representantes fósiles desde o Devoniano, sendo moi abundantes en épocas pasadas. O número e identificación das especies son incertos.