dcsimg

Morcego de Bechestein ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.

Descrición

Tamaño mediano (O: 23,0-26,0 mm;Ps: 7,0-14,0 g.). Orellas anchas e longas, maiores ca noutros Myotis, separadas na base ao contrario que en Plecotus, con nove pregues transversais no bordo externo e grolo longo en forma de lanceta.

Pelame longo, dorso pardo escuro e ventre gris claro. Crías de cor gris claro. Esporón recto de lonxitude 1/3-1/2 do uropatagio. Última vértebra caudal libre. Plagiopatagio comeza na base dos dedos. Fórmula dentaria: (2.1.3.3/3.1.3.3.)

Distribución

 src=
Mapa de distribución europea

Pode atoparse nos seguintes países: Austria, Armenia, Belarús, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Bulgaria, Croacia, República Checa, Francia, Xeorxia, Alemaña, Hungría, Irán, Italia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Moldavia, Montenegro, Países Baixos, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Suecia, Suíza, Turquía, Ucraína, e o Reino Unido.

Hábitat

Os morcegos rateiros forestais habitan en bosques axeitados para o seu desenvolvemento, os cales deben comprender polo menos vinte e cinco hectáreas. Moi poucas ocasións poden ser vistos fóra destes bosques.

A distribución no Reino Unido deste morcego foi analizada pola Rede de Biodiversidade Nacional.[2]

Frecuentemente aniñan en troncos ocos ou en buracos producidos polos paxaros carpinteiros, en carballos e en freixos, os cales parecen ser os máis comúns.

Protección

Este animal está protexido baixo a Directiva de Hábitats de Europa. No Reino Unido a súa rareza provocou que os bosques que albergan á especie fosen considerados para pasar a ser sitios de interese científico especial e poderían obter unha bolsa de parte de Natural England para garantir a protección.

Ecolocación

As frecuencias empregadas por esta especie de morcegos varían entre 35–108 kHz. As súas chamadas ecolocalizadoras acadan o seu máximo de enerxía en 61 kHz e teñen unha duración media de 3,3 ms.[3][4]

Notas

  1. Chiroptera Specialist Group 1996. Myotis bechsteini. 2006 IUCN Lista vernella de especies amenazadas. Consultado o 5 de xaneiro de 2011.
  2. "Myotis bechsteinii". National Biodiversity Network. Consultado o 5 de xaneiro de 2011.[Ligazón morta]
  3. Parsons, S. e Jones, G. (2000) 'Acoustic identification of twelve species of echolocating bat by discriminant function analysis and artificial neural networks.' J Exp Biol., 203: 2641-2656.
  4. Obrist, M.K., Boesch, R. e Flückiger, P.F. (2004) 'Variability in echolocation call design of 26 Swiss bat species: Consequences, limits and options for automated field identification with a synergic pattern recognition approach.' Mammalia., 68 (4): 307-32.

Véxase tamén

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician

Morcego de Bechestein: Brief Summary ( 加利西亞語 )

由wikipedia gl Galician提供

O morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii) é unha especie de morcego pertencente á familia Vespertilionidae.

許可
cc-by-sa-3.0
版權
Autores e editores de Wikipedia
原始內容
參訪來源
合作夥伴網站
wikipedia gl Galician