dcsimg

Megapodíidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Leipoa ocellata.
 src=
Macrocephalon maleo.

A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla),[1] e tamén como megápodos (outro cultismo).

Características

Son galiformes de tamaño de mediano a grande (de 27 a 60 cm, e de 0,9 a 8 kg de peso), de aparencia semellamte á dos pavos, coa cabeza pequena e as patas longas (ao que alude o seu nome). A súa plumaxe é de cor negra ou apardazada A súa plumaxe é de cor negra, gris ou apardazada; algungas especies teñen a cabza espida de plumas, e presentan cristas ou carúnculas de cores rechamantes, vermellas ou amarelas.[2]

Hábitat e distribución

Habitan en selvas tropicais húmidas primarias e secundarias, zonas de matogueiras xerófitas monzónicas e na vexetación propia das praias, na rexión Indo-Pacifica, desde as illas Nicobar ao noroeste, até Australia e as illas Tonga, Marianas e Palau no suroeste, a través de Malasia, Indonesia, Filipinas e Nova Guinea.[2]

Costumes e alimentación

Evitan voaren e pasan a maior parte do tempo no solo, alimentándose de semente, insectos, froitos, raíces, cangrexos e caracois.[2]

Taxonomía

Descrición

A failia foi descrita en 1831 polo naturalista francés René Primevère Lesson,[3] na súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux : ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France (Texto completo).

Etimoloxía

O nome científico da famiia, Megapodiidae, está formado pola unión dos elementoe do latín científico Magapodi- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Megapodius, e o seguno é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.

Para a etimoloxía de Megapodius, véxase Megapodius.

Xéneros

 src=
Megapodius reinwardt.

Na actualidade, na famiia recoñécense os sete xéneros seguintes:[4]

Familia Megapodiidae Lesson, 1831

Filoxenia

As relacións filoxenéticas dos xéneros son, de acordo con Harris el al. (2014), as que mostra o seguinte cladograma:[5]

Talegalla

Leipoa

Alectura

Aepypodius

       

Macrocephalon

Eulipoa

Megapodius

       

Notas

  1. del Hoyo et al. 1994.
  2. 2,0 2,1 2,2 VV. AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Volume IV Aves. Barcelona: Ediciones Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, p. 138.
  3. Wikispecies.
  4. Megapodiidae no ITIS.
  5. Harris R. B.; Birks S. M. & Leach A. D. (2014): "Incubator birds: biogeographical origins and evolution of underground nesting in megapodes (Galliformes: Megapodiidae) J. Biogeogr. 41: 2045-2056.

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Megapodíidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Leipoa ocellata.  src= Macrocephalon maleo.

A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla), e tamén como megápodos (outro cultismo).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician