dcsimg
Image of Evergreen Honeysuckle
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Honeysuckle Family »

Evergreen Honeysuckle

Lonicera implexa Soland.

Cadrifollo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cadrifollo[1] ou cabrifollo[2] (Lonicera implexa), é unha especie rubideira de madreselva ou chuchamel (xénero Lonicera) na familia das caprifoliáceas que gabea polos muros e os troncos das árbores, de talo longo e fino, con ramas desde a base e flores amarelas que forman grupos e teñen un recendo intenso e agradábel. É autóctona do sur de Europa. Recibe tamén o nome vulgar de chuchamel[3], que se aplica igualmente á especie Lamium maculatum.

 src=
Detalle da planta
 src=
Froito
 src=
Detalle da planta

Caracteres diagnósticos

O cadrifollo caracterízase, do mesmo xeito que a madreselva etrusca, por ter dúas brácteas soldadas na base das inflorescencias; que son terminais; con todo,diferénciase desta en que en Lonicera implexa as inflorescencias son sésiles; e aparecen inmediatamente sobre as brácteas, en grupos globosos (as brácteas forman unha especie de "cazola" que contén as flores).

As follas inferiores, sempre opostas, poden aparecer soldadas ou non, aínda que non presentan pecíolo, ou se aparece é moi curto.

O aspecto das súas follas é arredondeado, aínda que nalgunhas variedades acaba en pico.

A cor das flores, bilabiadas, varía de rosa (antes de abrirse) a amarelo-branco unha vez abertas.

Os seus froitos son bagas avermelladas, que aparecen en parellas no interior da especie de "cazola" que forman as brácteas. Non son comestíbeis.

Distribución

Adoita aparecer en bosques abertos, aturando mellor as secas ca outras especies do xénero Lonicera.

Aparece no sur de Europa; especialmente no litoral mediterráneo e no sur e centro de España, aínda que se pode atopar en Galiza.

Proxectos de recuperación

Gran parte do seu hábitat potencial foi alterado pola acción humana, aínda que a planta non está en perigo.

A súa principal competidora invasora é Lonicera japonica, planta oriúnda do Xapón, cultivada en xardíns, que se ten naturalizado na Península Ibérica.

Taxonomía

Lonicera implexa foi descrito por William Aiton e publicado en Hort. Kew. 1: 231 1789.[4]

Citoloxía

Número de cromosomas de Lonicera implexa (Fam. Caprifoliaceae) e táxones infraespecíficos: n=18.[5]

Etimoloxía

Lonicer: nome xenérico outorgado en honra de Adam Lonitzer (1528-1586), un médico e botánista alemán, notábel pola súa revisada versión de 1557 do herbario do sonado Eucharius Rösslin (1470 – 1526).[6]

implexa: epíteto latino que significa "entretecido".[7]

Sinonimia
  • Lonicera valentina Willk. [1891]
  • Lonicera balearica (Dum.Cours.) DC. in Lam. & DC. [1815]
  • Lonicera adenocarpa Guss. [1832]
  • Caprifolium balearicum Dum.Cours. [1811]
  • Lonicera caprifolium subsp. implexa (Aiton) Bonnier & Layens [1894]
  • Caprifolium implexum (Aiton) Dum.Cours[8].

Nome común

  • Cabrifollo, cadrifollo, chuchamel, zugamel, chupamel.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cadrifollo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabrifollo.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chuchamel.
  4. "Cadrifollo".
  5. Ruíz de Clavijo Jiménez, E. & F. Infante García-Pantaleón (1986) Anais Jard.
  6. En Nomes Botánicos
  7. En Epítetos Botánicos
  8. Sinónimos en

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cadrifollo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O cadrifollo ou cabrifollo (Lonicera implexa), é unha especie rubideira de madreselva ou chuchamel (xénero Lonicera) na familia das caprifoliáceas que gabea polos muros e os troncos das árbores, de talo longo e fino, con ramas desde a base e flores amarelas que forman grupos e teñen un recendo intenso e agradábel. É autóctona do sur de Europa. Recibe tamén o nome vulgar de chuchamel, que se aplica igualmente á especie Lamium maculatum.

 src= Detalle da planta  src= Froito  src= Detalle da planta
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician