dcsimg

Escáridos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Un exemplar nos arrecifes de coral do Mar Vermello

Os escáridos (Scaridae, Rafinesque 1810), tamén chamados peixes papagaios son unha familia de peixes mariños tropicais incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes. O nome prpcede do grego skairos, que significa saltar, debido á súa capacidade para saltar e golpear coa cola.

Morfoloxía

Presentan unha dentición particular, formada por numerosos dentes agrupados nun paquete compacto cunha estrutura que lembra á do peteiro dun papagaio, á que deben o nome común de peixes papagaios. Esta especie de pico sérvelles para roer o coral e as rochas, pois se alimentan das algas que se fixan nestes soportes, ademais dos pequenos invertebrados que poidan agocharse entre as ramas do coral.

Na aleta dorsal teñen 9 radios espiñosos e 10 brandos. Na anal, 3 e 9 respectivamente. Na caudal, 11 radios ramificados.

Hábitat e bioloxía

A maioría son especies tropicais, que viven en arrecifes de coral do mar Vermello, océano Atlántico, Índico e Pacífico.

Parece ser común o cambio de sexo, cunha fase inicial formada por machos e femias e unha fase terminal como machos, na que adquiren as cores brillantes.

Pola cor vistosa que adoitan ter estes peixes, son moi apreciados para a súa cría en acuarios, se ben o seu mantemento é realmente difícil, de lento crecemento.

Taxonomía

A familia divídese en 10 xéneros cunhas 90 especies.

  • Xénero Bolbometopon
  • Xénero Calotomus
  • Xénero Cetoscarus
  • Xénero Chlorurus
  • Xénero Cryptotomus
  • Xénero Hipposcarus
  • Xénero Leptoscarus
  • Xénero Nicholsina
  • Xénero Scarus
  • Xénero Sparisoma

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Escáridos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Un exemplar nos arrecifes de coral do Mar Vermello

Os escáridos (Scaridae, Rafinesque 1810), tamén chamados peixes papagaios son unha familia de peixes mariños tropicais incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes. O nome prpcede do grego skairos, que significa saltar, debido á súa capacidade para saltar e golpear coa cola.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lábridos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os Lábridos (Labridae, Cuvier 1816) son unha familia de peixes mariños, incluída dentro da suborde Labroidei, da orde dos perciformes.

Morfoloxía

 src=
Cheilinus undulatus
 src=
Doncelas á venda no mercado

Presentan tamaños, formas e cores moi variables pero adoitan ser alargados, oblongos e comprimidos ou non. Teñen boca terminal, máis ou menos protráctil, cos labios ben desenvolvidos, estando normalmente separadas as articulacións da mandíbula; xeralmente os dentes sobresaen da boca. A aleta dorsal, única, ten de 8 a 21 raios espiñosos (normalmente menos de 15) e 6 a 21 raios brandos. Na anal, 3-6 raios espiñosos (normalmente, 3) e 7-18 raios brandos.

Poden alcanzar tamaños máximos de 2 m, pero moitos non chegan a superar os 15 cm, e o máis pequeno mide 4,5 cm.

Hábitat e bioloxía

Distribúense polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico. A maior parte das especies escavan área do fondo para comer invertebrados bentónicos pero tamén hai especies planctívoras.

Os lábridos son proteroxínicos: tódolos exemplares nacen femias pero, segundo medran, as femias dominantes transfórmanse gradualmente en machos, alterando tamén a súa cor (a cores máis brillantes) e aspecto físico. Se morre o macho dominante, outra femia experimentará a metamorfose e substituirá ó macho.

Aliméntanse de pequenos crustáceos, moluscos e vermes. Algunhas especies son coñecidas por actuar en simbiose con outros peixes, nadando xuntos a eles e limpándolles de ectoparasitos a boca e outras cavidades. O Labroides dimidiatus é un dos limpadores máis comúns en arrecifes tropicais.

Algunhas especies son apreciadas para acuariofilia, e outras son de grande interese pesqueiro para consumo humano, entre as que podemos citar, por seren máis coñecidas en Galicia, a maragota (Labrus bergylta), o vello (Symphodus bailloni) ou a doncela ou señorita (Coris julis).

Taxonomía

A familia divídese en 60 xéneros e 500 especies (FishBase).

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lábridos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os Lábridos (Labridae, Cuvier 1816) son unha familia de peixes mariños, incluída dentro da suborde Labroidei, da orde dos perciformes.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Odácidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Odax pullus

Os odácidos (Odacidae) son unha pequena familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.

Morfoloxía

Son de corpo alargado, coa liña lateral formada por 30-87 escamas, curvada á altura das pectorais. Unha única aleta dorsal, moi longa, con 14-23 radios espiñosos; a anal é máis curta; as pélvicas, que non existen en tódalas especies, cunha espiña e 4 radios brandos.

Hábitat e bioloxía

Distribúense por augas costeiras do sur de Australia e Nova Zelandia.

Aliméntanse de pequenos invertebrados, pero tamén hai especies herbívoras.

Taxonomía

A familia divídese en 4 xéneros e 12 especies (FishBase).

  • Haletta, Whitley 1947
  • Neoodax, Castelnau 1875
  • Odax, Valenciennes 1840
  • Siphonognathus, Richardson 1858

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Odácidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Odax pullus

Os odácidos (Odacidae) son unha pequena familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician