dcsimg

Carya ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

 src=
Follaxe de Carya cordiformis.
 src=
Amento masculino (candea) de Carya illinoinensis.
 src=
Noces chegadas de Carya ovata, a punto de caeren, Andrews, Carolina do Sur (Estados Unidos).

Carya (as nogueiras de pecán) é un xénero de plantas arbóreas, máis raramente arbustivas, da familia Juglandaceae. Inclúe unha trintena de táxones aceptados -entre específicos, infraespecíficos e híbridos- dos case 150 descritos.[1][2]

Etimoloxía

Carya: derivado do grego κάρυον, "noz".

Descripión

Árbores, máis raramente arbustos, de 3 até 50 de altura, monoicos como todos os representantes da familia, con casca de cor cinsenta ou apardada, lisa con fendas en individuos novos, tornándose engurrada e ocasionalmente profundamente sucada ou exfoliada en escamas laminares ou ben en fitas longas ou largas. As follas son imparipinnadas, con pecíolo de glabro a pubescente ou escamoso e 3-21 folíolos peciolulados de marxe asserado -os distais máis grandes- que miden de 2-26 por 1-14 cm. Os amentos masculinos (candeas), pénsiles, son de 3 fascículos de flores con 3-15 estames pubesentes ou non. As flores femininas organízanse en espigas terminais. Os froitos son drupáceos ("drupa involucrada" ou "trima") de invólucro dehiscentes en 4 valvas de suturas lisas ou aladas, con noz comprimida ou non, angulosa ou lisa, suave ou verrugosa, de casca fina ou grosa e de cor parda, ocasionalmente pintada de negro ou marrón. A semente pode ser doce ou amarga.[3]

Distribución

Unha ducia de especies son nativas de América do Norte (11 en EUA, 1 en México), e unhas 5–6 de China e Indochina. Un certo número de especies foron introducidas en diversas rexións do mundo con fins ornamentais, alimenticios ou industriais.

Especies e clasificación

Principais especies:

Asia
  • Carya sección Sinocarya – Nogueiras de pacán asiáticas
Por exemplo:
Norteamérica
  • Carya sección Carya – Nogueiras de pacán típicas
Por exemplo:
  • Carya sección Apocarya – Nogueiras de pacán

Por exemplo:

Usos

O xénero ten certa importancia económica: por exemplo, Carya illinoinensis, a nogueira de pecán común, e a súa noz, é o produtor máis importante de «noces» de América do Norte, e a madeira das verdadeiras «Nogueiras americanas» é sen igual para a fabricación de mangos de ferramentas por ser moi rexa e resistente a golpes. Tamén estas nogueiras son unha boa fonte alimenticia para a fauna salvaxe sendo moi apreciadas na gastronomía humana.

Por outra banda, Carya cordiformis , C . glabra , e C . ovata cultívanse extensivamente en Europa central como madeira de construción.[3]

Notas

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Carya: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Follaxe de Carya cordiformis.  src= Amento masculino (candea) de Carya illinoinensis.  src= Noces chegadas de Carya ovata, a punto de caeren, Andrews, Carolina do Sur (Estados Unidos).

Carya (as nogueiras de pecán) é un xénero de plantas arbóreas, máis raramente arbustivas, da familia Juglandaceae. Inclúe unha trintena de táxones aceptados -entre específicos, infraespecíficos e híbridos- dos case 150 descritos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician