O arao romeiro[2] (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo[3] ou aro ñopo[4].
É unha ave grande, 38–43 cm de lonxitude e 60–69 cm de envergadura; o peteiro, ancho e escuro, ten manchas brancas. Os exemplares adultos teñen a plumaxe negra co peito e ventre branco. Aliméntanse de peixes, e tamén de crustáceos e vermes mariños. Habita nas illas e buratos protexidos dos cantís do Atlántico Norte ata Maine e o norte de Francia polo sur. Cría en colonias, moitas veces asociado ao arao dos cons, e deixan os seus ovos nas rochas. Os norteamericanos migran de Terra Nova a Nova Inglaterra, mentres os eurasiáticos pasan o inverno no mar; algúns mesmo chegan ao Mediterráneo Occidental.
En Galicia é bastante común como ave invernante, procedente de Gales e Escocia.
O arao romeiro (Alca torda) é unha ave palmípede, tamén coñecida como carolo ou aro ñopo.