dcsimg
Image of white kauri
Creatures » » Plants » » Gymnosperms »

Araucaria Family

Araucariaceae

Araucariaceae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

As araucariáceas (nome científico Araucariaceae) son unha familia de coníferas da orde Araucariales, comprende 3 xéneros. Son árbores de longa vida, altamente resinosos, usualmente moi simétricos e cónicos. Os conos son solitarios, máis ou menos erectos, e pesados, as escamas ovulíferas cada unha cun óvulo, sementes grandes. A familia está practicamente restrinxida ao hemisferio Sur.

Descrición

Árbores de longa vida, até 65 m de alto e 6 m de diámetro na base, altamente resinosos, usualmente moi simétricos e cónicos na súa forma de crecemento. Follas simples, enteiras, variadas en forma (coma punzóns, escamas, lineais, oblongas ou elípticas), ás veces no mesmo individuo, persistentes, coa punta aguzada nalgunhas especies de Araucaria, de disposición espiralada ou oposta. Dioicos ou monoicos. Estróbilos microsporanxiados cilíndricos, con numerosos microsporofilos dispostos en espiral, cada un con 4-20 microsporanxios, pole sen "sacca", a exina con foxiños. Conos solitarios, máis ou menos erectos, pesados, madurecendo en 2-3 anos e eventualmente desintegrándose na árbore, escamas ovulíferas cada unha cun óvulo, numerosas, dispostas en espiral, aplanadas, lineais a peltadas, a bráctea máis ou menos longa que a escama e fusionada a ela, sementes grandes, con ou sen ás marxinais. Dous cotiledóns, ás veces altamente divididos e parecendo 4.

Ecoloxía

Araucariaceae está case restrinxida ao hemisferio sur, dende o sueste de Asia a Australia, Nova Zelandia, e o sur de América do Sur.

os membros desta familia usualmente medran en bosques chuviosos tropicais e subtropicais como tamén en áreas máis temperadas.

A familia é máis diversa en Nova Caledonia, onde hai 5 especies de Agathis e 13 especies de Araucaria endémicas. As especies desta área de cada xénero forman un grupo monofilético de acordo con análise de rbcL. O pequeno monto de diversificación xenética das especies dentro de cada xénero suxestiona unha radiación relativamente recente no solo inusual (ultramáfico) de Nova Caledonia.

Nalgunhas especies de Araucaria, as follas que rematan en puntas aguzadas, a habilidade de rexenerar pólas, e a protección do ápice de crecemento polas pólas que o arrodean, suxestionan unha adaptación contra herbívoros hoxe extintos.

Unha das árbores máis grandes e de longa vida desta familia é Agathis australis, comunmente chamada kauri. Un individuo particular no norte de Nova Zelandia tiña 51,5 m de altura e 13,8 m de circunferencia e uns 2000 anos de vida a principios de 2001. O nome maorí para este individuo é Tane Mahuta, que se traduce coma "deus da foresta".

Filoxenia

Introdución teórica en Filoxenia.

As secuencias de 28S rRNA fortemente suxestionan unha relación de irmáns entre Podocarpaceae e Araucariaceae, compartindo as seguintes sinapomorfías: un óvulo por escama ovulífera, a escama ovulífera moi asociada á semente, e posibelmente a bráctea fusionada á escama.

Agathis e Araucaria difiren unha da outra fortemente nas súas estruturas foliares e reprodutivas. As follas de Agathis son opostas e amplas, mentres que as de Araucaria son de disposición espiralada e lineais a amplas. Agathis é monoico con óvulos libres da escama do cono e ten sementes con ás. Araucaria é dioico, con óvulos fusionados á escama do cono e usualmente ten sementes sen ás. As secuencias de ADN de rbcL tamén sosteñen unha monofilia dos dous xéneros. Os datos de rbcL tamén están de acordo coa división do xénero en 4 seccións baseados en caracteres non moleculares como o número de cotiledóns, posición dos conos microsporanxiados, e caracteres celulares da epiderme das follas.

Wollemia nobilis foi atopada en 1994 no Parque Nacional Wollemi en Sydney, Australia, polo oficial do "National Park and Wildlife Service" David Noble. Era coñecido para a ciencia antes de 1994 só coma un fósil que se estendía até hai 150 millóns de anos, e é unha das árbores do mundo máis raras, con só uns 43 adultos en dúas poboacións que distan uns 1,5 quilómetros entre elas. As árbores, algunhas das cales teñen entre 500 e 1000 anos, teñen unha casca inusual, descrita coma "chocolate burbullate".

Taxonomía

Introdución teórica en Taxonomía

3 xéneros, 32 especies. Os xéneros máis representados son Araucaria (18 especies) e Agathis (13 especies).

A clasificación, segundo Christenhusz et al. 2011,[1] que tamén fornece unha secuencia lineal das ximnospermas até xénero:

  • Familia 8. Araucariaceae Henkel & W.Hochst., Syn. Nadelhölz.: xvii, 1 (1865), nom. cons. Tipo: Araucaria Juss. Sinónimos: Dammaraceae Link, Abh. Konigl. Akad. Wiss. Berlín 1827: 157 (1830), nom. illeg. Tipo: Dammara Link. Agathidaceae (Vierh.) Baum.-Bodenh. ex A.V.Bobrov & Melikian, Komarovia 4: 61 (2006). Tipo: Agathis Salisb.
3 xéneros, 41 especies, sueste de Asia e Filipinas a Australasia, Pacífico, sur de América do Sur.
  • 8.1. Araucaria Juss., Gen. 413 (1789). Tipo: A. imbricata Pav., nom. illeg. (≡ Pinus araucana Molina) Dombeya Lam., Encycl. Meth., Bot. 2: 301 (1786), nom. illeg., non L’Hér. (1785), nom. rej. Tipo: D. chilensis Lam., nom. illeg. (≡ Pinus araucana Molina) Sinónimos: Columbea Salisb., Trans. Linn. Soc. Londres 8: 317 (1807), nom. illeg. Tipo: C. quadrifaria Salisb., nom. illeg. (≡ Pinus araucana Molina) Eutassa Salisb., Trans. Linn. Soc. Londres 8: 316 (1807). Tipo: E. heterophylla Salisb. (≡ Araucaria heterophylla). Eutacta Link, Linnaea 15: 543 (1842). Tipo: E. cunninghamii (Aiton ex A. Cunn.) Link (tipo designado aquí por Mill & Farjon) (≡ Araucaria cunninghamii Aiton ex A.Cunn.). Quadrifaria Manetti ex Gordon, Pinet. Suppl. 14 (1862). Tipo: Q. imbricata (Pav.) Manetti ex Gordon (≡ Araucaria araucana). Marywildea A.V.Bobrov & Melikian, Komarovia 4: 57 (2006). Tipo: M. bidwillii (Hook.) A.V.Bobrov & Melikian (≡ Araucaria bidwillii Hook.). Titanodendron A.V.Bobrov & Melikian, Komarovia 4: 60 (2006). Tipo: T. hunsteinii (K.Schum.) A.V.Bobrov & Melikian (≡ Araucaria hunsteinii K.Schum.).
  • 8.2. Wollemia W.G.Jones, K.D.Hill & J.M.Allen, Telopea 6: 173 (1995). Tipo: W. nobilis W.G.Jones, K.D.Hill & J.M.Allen
  • 8.3. Agathis Salisb., Trans. Linn. Soc. Londres 8: 311 (1807), nom. cons. Tipo: A. loranthifolia Salisb., nom. illeg. (≡ Pinus dammara (Lamb.) L.C.Rich.) Sinónimos: Dammara Link, Enum. Pl. Horti Berol. 2: 411 (1822), nom. illeg., non Gaertner (1790). Salisburyodendron A.V.Bobrov & Melikian, Komarovia 4: 62 (2006). Tipo: S. australis (Lamb.) A.V.Bobrov & Melikian (≡ Agathis australis Salisb.).

Evolución

Araucariaceae, como Podocarpaceae, é unha familia distintiva case exclusiva do Hemisferio Sur. O seu rexistro fósil, en particular o de Araucaria, esténdese até o Xurásico.

Importancia económica

Os dous xéneros máis representados producen madeira. Os individuos máis grandes, como os de Agathis australis de Nova Zelandia, que acadan os 65 m de altura e 6 m de diámetro, conteñen gran volume de madeira de alta calidade.

Araucaria heterophylla e Araucaria araucana de Chile son ornamentais moi apreciadas.

Notas

  1. 1,0 1,1 Christenhusz, M.J.M, Reveal, J.L, Farjon, A., Gardner, M.F, Mill, R.R, e Chase, M.W. 2011. A new classification and linear sequence of extant gymnosperms. Phytotaxa 19: 55-70. (pdf)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Judd, Campbell, Kellogg, Stevens, Donoghue. 2007. Plant Systematics, a phylogenetic approach, terceira edición. Sinauer associates, inc. EUA.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Araucariaceae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Véxase Pinidae para unha introdución a estes grupos

As araucariáceas (nome científico Araucariaceae) son unha familia de coníferas da orde Araucariales, comprende 3 xéneros. Son árbores de longa vida, altamente resinosos, usualmente moi simétricos e cónicos. Os conos son solitarios, máis ou menos erectos, e pesados, as escamas ovulíferas cada unha cun óvulo, sementes grandes. A familia está practicamente restrinxida ao hemisferio Sur.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician