Os nucleáriidos (Nucleariida) son un grupo de microorganismos ameboides [1] que posúen pseudópodos filosos, que viven principalmente nos solos e auga doce. Distínguense do grupo superficialmente similar dos vampirélidos principalmente por teren mitocondrias con cristas discoidais. Os nucleáriidos son xeralmente pequenos, de ata 50 μm de tamaño.
Os Nucleariida clasifícanse como opistocontos,[2] que é o gran grupo que inclúe a animais, fungos e outros grupos menores. Varios estudos sitúan aos nucleáriidos como un grupo irmán dos fungos.[3][4]
Destacan os xéneros:
Os nucleáriidos (Nucleariida) son un grupo de microorganismos ameboides que posúen pseudópodos filosos, que viven principalmente nos solos e auga doce. Distínguense do grupo superficialmente similar dos vampirélidos principalmente por teren mitocondrias con cristas discoidais. Os nucleáriidos son xeralmente pequenos, de ata 50 μm de tamaño.
Os Nucleariida clasifícanse como opistocontos, que é o gran grupo que inclúe a animais, fungos e outros grupos menores. Varios estudos sitúan aos nucleáriidos como un grupo irmán dos fungos.
Destacan os xéneros:
Nuclearia e Micronuclearia. Outros xéneros como Rabdiophrys, Pinaciophora e Pompholyxophrys, son formas de augas doces con escamas silíceas ocas ou espiñas. Anteriormente estaban incluídos dentro dos heliozoos formando o grupo Rotosphaerida. Segundo unha publicación de 2009, Fonticula, considerado un mofo mucoso celular, é un opistoconto e está máis relacionado con Nuclearia que cos fungos.