As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.[1]
As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas[2] Pelobacter e Syntrophus spp.).
Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.[3]
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [4] e nas bases de datos taxonómicas do NCBI (National Center for Biotechnology Information) [5] e a filoxenia baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree [6]
?Algidimarina propionica ♠ Kendall et al. 2005
?Candidatus Entotheonella palauensis' Haygood et al. 1999
?Candidatus Magnetoglobus multicellularis' Abreu et al. 2007
?Deferrisoma camini ♣ Slobodkina et al. 2011
?Desulfocaldus terraneus ♠ Thevenieau et al. 2004
?Desulfostipes sapovorans ♠ Myhr et al. 2000
?Spirobacillus cienkowskii ♠ Metchnikoff 1889
Myxococcales (bacterias escorregantes frutificantes)
Syntrophobacterales [incl. Desulfobacterium anilini & Desulfarculus baarsii]
Notas:
♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN.
♣ O International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) publicaron especies que están en prensa.
As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias ou proteobacterias delta) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.
As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficas Pelobacter e Syntrophus spp.).
Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.