dcsimg
Image of Caribbean barrel sponge
Creatures » » Animal » Sponges

Demosponges

Demospongiae Sollas 1885

Demospongiae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As desmosponxas, esponxas silíceas ou esponxas córneas é a clase máis numerosa do filo Porifera (esponxas) e é a que contén a maior variedade destas espoxas. Diferénciase por posuír un esqueleto de fibras de esponxina, unha substancia exclusiva destes animais ou de mineral sílice ou de ámbolos dous.

Estrutura

Megascleras e microscleras diferenciables e xamais con seis radios. Xeralmente as pequenas espículas atópanse nas partes brandas e aparecen grandes espículas esqueléticas. Todas as Demosponxas son da tipoloxía leuconoide, e a maioría é irregular, porén existen todos os tipos de patróns de crecemento. Algunhas son incrustantes; outras teñen un aspecto de ramificacións ascendentes ou plataformas irregulares; outras teñen formas de cordón ou son foliáceas. A maioría son mariñas, aínda que tamén existen especies de auga doce (Familia Spongillidae). Este grupo de esponxas varían na súa distribución dende augas rasas a grandes profundidades. A reprodución neste grupo pode ser tanto sexual como asexual.

Clasificación

Taxonomía

Hooper e van Soest fixeron a seguinte clasificación;

Porén, evidencias moleculares suxiren que debería ser revisada a clasificación da sublcase Homoscleromorpha.

Listaxe das esponxas Desmosponxas máis coñecidas (por orde alfabética do nome científico)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Demospongiae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

As desmosponxas, esponxas silíceas ou esponxas córneas é a clase máis numerosa do filo Porifera (esponxas) e é a que contén a maior variedade destas espoxas. Diferénciase por posuír un esqueleto de fibras de esponxina, unha substancia exclusiva destes animais ou de mineral sílice ou de ámbolos dous.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician