O raposo de orella curta (Atelocynus microtis) é un cánido propio de Suramérica, con preferencia en áreas boscosas con pouca acción humana disturbante. Mide de 70 a 100 cm de longo de corpo e 30 cm de cola, que cando pende perpendicular ao chan vaina arrastrando. Pesa até 9 kg e ten unha altura de 35 cm. Ten patas curtas e áxiles, e orellas curtas e redondeadas, de 3 a 5 cm. Este cánido distínguese pola súa trompa de raposo e a grosa cola. A súa pelaxe é negra e gris vermella. Móvese coma un felino, e come pequenos mamíferos, peixes, insectos, froitas, réptiles. A especie na Lista de Especies en Risco.
É un dos cánidos máis raros e menos coñecidos do mundo. Crese que ten hábitos nocturnos e solitarios.
Vive na selva tropical a cerca de 1.000 msnm, na cunca do río Amazonas na Arxentina, Brasil, Perú, Ecuador, Colombia e probábelmente Venezuela.