dcsimg

Lavandula dentata ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Lavandula dentata é unha planta leñosa da familia das lamiáceas e do xénero Lavandula. É propia do Mediterráneo, en Galiza considérase ornamental.

Descrición

É unha planta rexa, recendente e leñosa de até 1,3 m ou pouco máis de altura. Follas opostas desde oblongo lineares até lanceoladas de 1,5-3,5 cm de longo, de marxe dividida en dentes redondeados. Lóbulos romos, verde agrisado polo feixe, tomentoso de cinsento polo envés. Verticilos de 6 até 10 flores, en espigas máis ou menos grosas de 2,5–5 cm de longo. Esporofilos de 5–8 mm de longo, ovalados até circulares, rematados en punta máis ou menos pubescentes, de cor violeta acastañado. Os esporofilos superiores agrandados, sen flores axilares, de até 1,5 cm de longo, púrpura. Cáliz de 5–6 mm de longo, con 13 nervios, 5 dentes, o superior cun apéndice inversamente acorazonado. Corola de 8 mm de longo, bilabiada. Labio superior bilobado, labio inferior trilobado. 4 estames, 2 máis curtos.[1]

Hábitat

Lugares secos asollados, en terreos calcarios, nas matogueiras e monte baixo.

Distribución

A súa área xeral esténdese á rexión mediterránea occidental, a Macaronesia (Madeira, Canarias) e suroeste de Asia. Nas provincias costeiras do leste e sur da Península Ibérica e en Baleares desde o nivel do mar até os 400 m de altitude.[2]

 src=
Vista da planta.
 src=
Detalle das follas.
 src=
Inflorescencia.
 src=
Lavandula dentata

Usos e cultivo

Cultívase como planta ornamental ou para a obtención de perfume. Entre as especies de lavanda que atopamos nos viveiros, a dentata é a que ten unha floración máis longa, practicamente todo o ano; tamén é a que atura mellor a seca, porén pode morrer a temperaturas inferiores a -6 °C. En Murcia utilízase en menciña popular, para sandar os padecementos do estómago e dos riles.[2]

Taxonomía

Lavandula dentata foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . oitava edición non. 2. 1768.[3]

Etimoloxía

Lavandula: nome xenérico que se derivaría do francés antigo lavandre e en última instancia do grego λανω a través do latín lǎvo, lǎvātum, -āre, lavar, limpar, referíndose ao uso de infusións das plantas para o lavado.[4] Con todo, suxeriuse que esta explicación pode ser errónea, e que o nome podería derivarse do latín līvěou, -ēre, azulado, etimoloxía moito máis plausíbel ca a anterior xa que, entre outras cousas, refírese á cor habitual das flores de devanditas plantas e, ademais, non consta que na antigüidade se lavase con lavanda.[5]

dentata: epíteto latíno que significa "con dentes".

  • Stoechas dentata (L.) Mill., Gard. Dict., ed. 8: 3, 1768
  • Lavandula dentata var. vulgaris Ging., Hist. Nat. Lavand., p. 139, 1826, nom. inval.
var. candicans Batt., Fl. Alger., 2: 666, 1888 - Noroeste de África, Etiopía e Península Arábica.
  • Lavandula dentata f. persicina Maire ex Upson & S.Andrews, Xene. Lavandula, p. 389, 2004.
var. dentata. Rexión do Mediterráneo occidental, África tropical, Xordania e Península Arábica.
  • Lavandula pinnata Moench, Suppl. Meth., p. 135, 1802, nom. illeg.
  • Lavandula santolinifolia Spach in Jaub. & Spach, Ill. Pl. Orient., 4(3): t. 373, 1853[6]

Notas

  1. Bayer, E.; Buttler; Finkenzeller; Grau (1989). Plantas del Mediterráneo. Barcelona:Blume. ISBN 84-7031-629-X.
  2. 2,0 2,1 López González, Ginés A. (2007). Guía de los árboles y arbustos de la Península Ibérica y Baleares. Madrid:Mundi-Prensa. ISBN 10: 84-8476-312-9.
  3. "Lavandula dentata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 28 de xullo de 2013.
  4. Lavandula en Flora Ibérica, CSIC/RJB, Madrid
  5. en Gaffiot F., Dictionnaire Latin-Français, Hachette, Paris, 1934
  6. "Lavandula dentata". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 6 de abril de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Lavandula dentata: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Lavandula dentata é unha planta leñosa da familia das lamiáceas e do xénero Lavandula. É propia do Mediterráneo, en Galiza considérase ornamental.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician