dcsimg

Arácnidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Unha araña típica.
 src=
Ixodes hexagonus, un ácaro.

A dos arácnidos (Arachnida), do grego αράχνη aráchne, "araña" e -ιδες -ides (neutro latino plural -ida, "pertencente a un grupo") é unha clase de artrópodos quelicerados da que se describiron máis de 102 000 especies.[2] Inclúe formas tan coñecidas como as arañas, os escorpións e os ácaros.[3]

Anatomía

Caracterízanse por teren o corpo dividido en dúas rexións ou tagmas máis ou menos diferenciadas, o prosoma (ou cefalotórax) e o opistosoma (ou abdome).

Os apéndices insírense no soma e son un par de quelíceros, xunto á boca, un par de pedipalpos, á veces moi desenvolvidos, e catro pares de patas locomotoras.

Carecen de antenas, e adoitan teren un o máis pares de ollos simples, en lugar de grandes ollos compostos como os insectos. Nalgúns casos estes ollos son moi eficaces para o seu tamaño.

Bioloxía

Alimentación

O seu aparello dixestivo consta de tres partes, estomodeo, mesodeo e proctodeo, das que a primeira e a última son de orixe ectodérmica.

Aliméntanse succionando líquidos máis que tragando porcións sólidas, para o cal a miúdo realizan unha predixestión externa segregando ou inxectando enzimas dixestivas sobre o alimento.

En moitos casos son depredadores, e varios grupos inxectan veleno cos quelíceros ou o telson (último segmento do corpo).

Circulación do sangue e respiración

A circulación é aberta, como en todos os artrópodos. A respiración efectúase a través de vías e cavidades internas que se abren ao exterior por espiráculos; nuns casos é un sistema traqueal, noutros baséase en órganos chamados pulmóns en libro, pola forma en que se pregan as súas paredes.

Excreción

A excreción, como é típico en animais que normalmente non beben e ás veces crecen en ambientes áridos, produce unha urina moi concentrada ou seca, rica en guanina e ácido úrico. Os órganos da excreción son tubos de Malpighi, que desembocan no intestino, ou glándulas coxais, que o fan na base das patas.

Reprodución

Os arácnidos son ovíparos, pero nalgunhas especies nacen directamente da nai (ovovivíparos). O comportamento de cortexo é moitas veces moi elaborado, e en moitos casos obsérvanse coidados parentais, un trazo raro fóra dos vertebrados.

Distribución

Aínda que son máis abundantes e variados en climas cálidos, están presentes en todos os climas non polares, e entre as arañas e os pseudoescorpións encóntranse algúns dos poucos animais capaces de vivir nos cumios máis altos da Terra.

Notas

  1. J. A. Dunlop (1996): "A trigonotarbid arachnid from the Upper Silurian of Shropshire" Palaeontology 39 (3): 605–614 PDF
  2. Chapman, A. D. (2009) Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618
  3. Cracraft, Joel & Michael Donoghue, eds. (2004): Assembling the Tree of Life. Oxford University Press.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1) Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal.. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.

Outros artigos


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Arácnidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Unha araña típica.  src= Ixodes hexagonus, un ácaro.

A dos arácnidos (Arachnida), do grego αράχνη aráchne, "araña" e -ιδες -ides (neutro latino plural -ida, "pertencente a un grupo") é unha clase de artrópodos quelicerados da que se describiron máis de 102 000 especies. Inclúe formas tan coñecidas como as arañas, os escorpións e os ácaros.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician