Saponaria é un xénero de herbas perennes pertencentes á familia Caryophyllaceae, nativo do sur de Europa e suroeste de Asia. Comprende 128 especies descritas e destas, só 14 aceptadas.[1] Estas herbas coñécense comunmente como xaboeiras, albitornos, herbas das ferreñas, herbas xaboeiras, e saponarias.[2]
Acadan unha altura de entre 10 e 60 cm, con follas opostas de 1 a 6 cm de lonxitude. As flores prodúcense en agrupacións sobre os talos de 4 a 25 mm de diámetro, con cinco pétalos brancos, amarelos, rosas ou púrpura pálido.
O xénero está estreitamente ligado cos xenereos Lychnis e Silene, distinguíndose destes por ter só dous estilos nas flores, en lugar de tres ou cinco.
Especies de Saponaria son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros, incluíndo a couza, Hadena bicruris e Coleophora saponariella (que come exclusivamente de Saponaria spp).
O xénero foi descrito por Carl Linnaeus e publicado en Species Plantarum 1: 408. 1753.[3] A especie tipo é: Saponaria officinalis Gilli.
Saponaria: nome xenérico que deriva do latín sapo = (xabón), en alusión ás propiedades que teñen as raíces en contacto coa auga.
A continuación dáse unha listaxe das especies do xénero Saponaria aceptadas até outubro de 2013, ordenadas alfabeticamente. Especies aceptadas:[4]
Saponaria é un xénero de herbas perennes pertencentes á familia Caryophyllaceae, nativo do sur de Europa e suroeste de Asia. Comprende 128 especies descritas e destas, só 14 aceptadas. Estas herbas coñécense comunmente como xaboeiras, albitornos, herbas das ferreñas, herbas xaboeiras, e saponarias.