dcsimg
Life » » Archaeplastida » » Kaksisirkkaiset » » Lyijykukkakasvit »

Armeria merinoi (Bernis) G. Nieto Feliner & Silva Pando

Armeria merinoi ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A Armeria merinoi, (Bernis) Nieto Fel. & Silva Pando, é unha planta caméfita da familia das plumbaxináceas endémica do centro de Galiza, con poboacións entre a serra do Careón e o río Ulla. A súa distribución está fragmentada en seis núcleos que aparecen sobre 14 quilómetros de afloramento ultrabásico, nos medios serpentinícolas dos arredores de Melide, sobre medios moi húmidos (asolagados temporalmente).

Características

É unha planta herbácea de cepa ramificada. As pólas son curtas e as follas basais lineares ou sublineares de 2 a 7 cm de longas e de 1 a 4 mm de largas, sen pubescencia ou con algúns cilios nas beiras. Escapos de 15 a 18 cm, vaíña involucral de 1,2 a 2,5 cm, e invólucro de 1,1 a 1,8 cm de diámetro mucronado e glabro. A flor é hermafrodita, o cáliz vai de 4 a 6 mm e a corola é de cor rosácea-lila. A súa polinización prodúcese mediante os insectos (polinización entomófila), e a dispersión é anemócora (por acción do vento)

Florece entre maio e xuño e frutifica entre xuño e xullo. Ten unha alta tasa de xerminación en condicións de pouca luz (76,5-79,5%) que descende até o 45% ó aumenta-la luz. As especies acompañantes son Sedum marieanum, Sagina merinoi, Hypericum humifusum, Juncus bufonius, Exaculum pusillum, Cicendia filiformis, Plantago serpentina e Ranunculus paludosus. Nos núcleos de Toques e Barazón a hidromorfía é menor e a vexetación acompañante é, entre outras, Erica cinerea e toxo arnal (Ulex europaeus).

Considerada en perigo crítico de extinción polo Catálogo galego de especies ameazadas, e en perigo crítico polo Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. A probabilidade de extinción en Melide en 10 anos é do 22%, e en 20 anos é do 97%, mentres que en Toques en 10 anos é do 3%, e en 20 anos é do 61%. En Basadre, Agolada había unha cita da especie, mais non foi localizada nos últimos anos. As principais ameazas para a especie son o avance de matogueiras ou pastos gandeiros, a construción de vías, así como a posible expansión dun polígono industrial na área de Melide que afectaría ó núcleo da Madanela.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Poblaciones en peligro: viabilidad demográfica de la flora vascular amenzada de España. Inventario Nacional de Biodiversidad. Proyecto de Atlas de Flora Amenazada. Ministerio de Medio Ambiente e Rural e Mariño (2009). ISBN 978-84-8014-746-0.
  • García, Xosé Ramón. Guía das plantas de Galicia, Edicións Xerais de Galicia (2008). ISBN 978-84-9782-939-7.
lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Armeria merinoi: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

A Armeria merinoi, (Bernis) Nieto Fel. & Silva Pando, é unha planta caméfita da familia das plumbaxináceas endémica do centro de Galiza, con poboacións entre a serra do Careón e o río Ulla. A súa distribución está fragmentada en seis núcleos que aparecen sobre 14 quilómetros de afloramento ultrabásico, nos medios serpentinícolas dos arredores de Melide, sobre medios moi húmidos (asolagados temporalmente).

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician