Orientia é un xénero de bacterias pertencente á familia Rickettsiaceae, que comparte co xénero Rickettsia.
Está formado por bacterias parasitas intracelulares obrigadas gramnegativas (en canto á estrutua da parede, pero tínguense mal), que se encontran en artrópodos e mamíferos. A especie O. tsutsugamushi é o axente patóxeno da febre tsutsugamushi ou enfermidade fluvial do Xapón,.[1] que se transmite por medio das larvas dos ácaros trombicúlidos Leptotrombidium, que parasitan roedores.[2]
O xénero Orientia e a súa única especie Orientia tsutsugamushi, (Tamura, 1995) foron propostos para reclasificar a bacteria antes denominada Rickettsia tsutsugamushi.[3]
A diferenciación desta especie con respecto ao xéenro Rickettsia baséase en criterios xenéticos (o ARNr 16S de O. tsutsugamushi presenta só unha homoloxía do 90% co de Rickettsia prowazekii, especie tipo do xénero Rickettsia), en criterios antixénicos e estruturais da parede celular e da cápsula lipopolisacarídica externa (a diferenza de Rickettsia sp., Orientia tsutsugamushi non posúe nin ácido murámico nin glicosamina nin tampouco ácido 2-ceto-3-desoxioctónico ou ácidos graxos hidroxilados). A parede celular non ten peptidoglicano e presenta unha forte asimetría, coa capa externa máis grosa que a interna (o contrario ocorre en Rickettsia).[3]
O. tsutsugamushi pode cultivarse en sacos de xema de ovos embrionados de polo e en varios liñas celulares de cultivo, como HeLa, BHK, Vero, e L929. A bacteria pode saír do seu hóspede por un proceso de evaxinación da membrana plasmática da célula hóspede.[3]
Orientia é un xénero de bacterias pertencente á familia Rickettsiaceae, que comparte co xénero Rickettsia.
Está formado por bacterias parasitas intracelulares obrigadas gramnegativas (en canto á estrutua da parede, pero tínguense mal), que se encontran en artrópodos e mamíferos. A especie O. tsutsugamushi é o axente patóxeno da febre tsutsugamushi ou enfermidade fluvial do Xapón,. que se transmite por medio das larvas dos ácaros trombicúlidos Leptotrombidium, que parasitan roedores.