Miniopterus griveaudi é unha especie de morcego do xénero Miniopterus que vive en Gran Comora e Anjouan (Comores), así como no noroeste de Madagascar. Foi descrita inicialmente en 1959 como unha subespecie da especie continental M. minor, a partir dun exemplar atopado en Gran Comora. Posteriormente clasificouse dentro da especie malgaxe M. manavi. Porén, estudos morfolóxicos e moleculares publicados no 2008 e no 2009 revelaron que o taxon M. manavi, tal como se definía nese momento, contiña cinco especies diferentes non relacionadas entre si, de xeito que o Miniopterus griveaudi foi reclasificado como unha especie distinta presente tanto en Madagascar como nas Comores.