dcsimg

Noitébrega ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

A noitébrega[2], avenoiteira cincenta ou denoiteira cincenta, Caprimulgus europaeus L., é unha especie de ave pertencente á familia dos caprimúlxidos (Caprimulgidae), que se distribúe polas zonas amornadas de bosque, matogueira e pasteiro de Europa e Asia. Non está ameazada a nivel global, e a súa poboación estímase entre 930.000 e 2 100 000 de exemplares.[3]

Chega a noite, miña filla,
a avenoiteira anda a pasar;
nos freixos treman as follas,
a vida quer repousar.

 src=
Caprimulgus europaeus.

É unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, que se alimenta de insectos, especialmente de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes.

En Galicia, a onde chega a finais de abril e parte en setembro, non é escasa, aniñando desde o nivel do mar até os 2.000 metros de altitude.[5]

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Caprimulgus europaeus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Noitébrega. O DRAG recolle os sinónimos noiteboa, avenoiteira, denoiteira, noitarega, noitebra
  3. BirdLife International (2012). "Caprimulgus europaeus". Lista Vermella da IUCN. Version 2012.1. International Union for Conservation of Nature. Consultado o 16 de xullo de 2012.
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da avenoiteira. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 79. ISBN 84-7154-379-6.
  5. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións, p. 198.

Véxase tamén

Bibliografía

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Noitébrega: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı
 src= Caprimulgus europaeus.

É unha ave de hábitos crepusculares e nocturnos, que se alimenta de insectos, especialmente de bolboretas nocturnas e outros insectos voadores grandes.

En Galicia, a onde chega a finais de abril e parte en setembro, non é escasa, aniñando desde o nivel do mar até os 2.000 metros de altitude.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia