dcsimg

Pygoscelis antarcticus ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı

 src=
Colonia de P. antacticus preto de Orne Harbor, Península Antártica
 src=
Vista frontal da cabeza
 src=
Adulto con crías
 src=
Un exemplar na illa Decepción.
P. antarcticus tratando de subir a un iceberg na Antártida.

Pygoscelis antarcticus é unha especie de pingüín que habita en diversas illas e baías do Pacífico sur e o océano Glacial Antártico. Ten unha característica liña fina negra que lle cruza a cara de modo que parece que leva un casco negro, o que fai que sexa un dos pingüíns máis doados de identificar.

Descrición

Miden como media 72 cm de lonxitude e pesan de 3 a 5 kg, pero o seu peso pode baixar a só 3 kg dependendo do seu ciclo reprodutor. Os machos son máis grandes e pesados que as femias.[2]

As ás con forma de aleta dos adultos son negras con beiras brancas; o lado interno das ás é branco. A cara é branca, cor que se estende por detrás dos ollos, os cales son marróns avermellados; o queixo e a gorxa son brancos tamén, e o peteiro é curto e negro. A parte superior da cabeza é negra e unha liña negra fina cruza a cara pasando pola gorxa. As fortes patas e os pés palmados son rosas. As súas patas curtas e gordas danlle unha distintiva forma de andar. A súa plumaxe branca e negra permítelle camuflarse na auga de predadores como certas focas. Cando se ve desde arriba o dorso negro da ave fusiónase coas augas escuras de abaixo, e se o ven desde abaixo, o seu ventre branco camúflase co brillo que produce o sol.[3]

Distribución e hábitat

Teñen unha distribución circumpolar. Reprodúcense na Antártida, Arxentina, illa Bouvet, Chile, as illas Malvinas (ou Falkland), e os Territorios franceses do sur, e en Xeorxia do Sur e as illas Sandwich do Sur. Individuos errantes atopáronse en Nova Zelandia, as illas de Santa Helena e Tristán da Cunha, e en Suráfrica. A poboación global estímase en polo menos 8 millóns de individuos.[1]

Ecoloxía e comportamento

A súa dieta consiste en krill, camaróns, peixes e luras. Para capturalos nadan uns 80 km cada día mar adentro. Pode resistir nadando en augas en conxelación debido a que ás súas plumas están moi estreitamente empaquetadas, o que lle proporciona impermeabilidade. Ten grosos depósitos de graxa que tamén lle proporcionan illamento térmico, e vasos sanguíneos nas ás e patas nos que evolucionaron intricadas estruturas para darlle calor.[3]

En terra constrúe niños circulares con pedras, nos que pon dous ovos, que son chocados tanto polo macho como pola femia que fan quendas durante 6 días. Os polos eclosionan pasados 37 días, e teñen dorsos grises esponxosos e partes frontais claras. Os pitos permanecen no niño durante de 20 a 30 días antes de que se xunten con outros en garderías. Cando teñen de 50 a 60 días de vida, mudan a pluma, cubríndose coas plumas de adulto e parten para o mar.[4]

O predador do adulto é a foca leopardo. Os ovos e polos poden ser presas de aves, como os Chionis e o Stercorarius antarcticus.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 "Pygoscelis antarcticus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. "Pygoscelis antarcticus - Chinstrap penguin". Animal Diversity Web.
  3. 3,0 3,1 "Chinstrap Penguin Fact Sheet". Lincoln Park Zoo.
  4. 4,0 4,1 "Chinstrap Penguin". The Animal Files.

Véxase tamén

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia

Pygoscelis antarcticus: Brief Summary ( Galiçyaca )

wikipedia gl Galician tarafından sağlandı
 src= Colonia de P. antacticus preto de Orne Harbor, Península Antártica  src= Vista frontal da cabeza  src= Adulto con crías  src= Un exemplar na illa Decepción. P. antarcticus tratando de subir a un iceberg na Antártida.

Pygoscelis antarcticus é unha especie de pingüín que habita en diversas illas e baías do Pacífico sur e o océano Glacial Antártico. Ten unha característica liña fina negra que lle cruza a cara de modo que parece que leva un casco negro, o que fai que sexa un dos pingüíns máis doados de identificar.

lisans
cc-by-sa-3.0
telif hakkı
Autores e editores de Wikipedia