Os espirilos son bacterias de forma espiral. Son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e vibrios. Os espirilos son Proteobacterias, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: Alfaproteobacterias, Betaproteobacterias, Gammaproteobacterias, Deltaproteobacterias, e Epsilonproteobacterias.[1] Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero Spirillum, que foi un dos primeiros xéneros de procariotas que se crearon, xa no século XIX, por Ehrenberg en 1832. Spirillum chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros[2], e hoxe nas listas da LPSN Spirillum só ten dúas especies.[3]
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde só unha volta completa (ao que os fai parecerse aos vibrios) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás espiroquetas). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos e máis flexibilidade. Os espirilos, á parte da súa forma espiral e de que son gramnegativos e a maioría móbiles e flaxelados, con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas e formas de vida. Hainos patóxenos, simbiontes e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou fixadores de nitróxeno.[1]
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que algúns foran observados xa por Antoni van Leeuwenhoek. Algúns espirilos teñen características especiais, como o magnetotactismo de Magnetospirillum, o fototrofismo de Thiospirillum ou a fixación do nitróxeno de Azospirillum lipoferum. Os xéneros Campylobacter e Helicobacter son patóxenos do aparato dixestivo.[1]
Son espirilos por exemplo os xéneros: Spirillum, Aquaspirillum, Oceanospirillum, Magnetospirillum, Azospirillum, Herbaspirillum, Campylobacter, Helicobacter, Ancylobacter (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), Thiospirillum (bacteria vermella do xofre de gran tamaño), Rhodospirillum. O xénero Bdellovibrio é en realidade similar a un vibrio só lixeiramente torsionado.[1]
Os espirilos son bacterias de forma espiral. Son un dos grandes tipos morfolóxicos de bacterias, xunto cos cocos, bacilos e vibrios. Os espirilos son Proteobacterias, e poden encontrarse algunhas especies de espirilos en todos os grandes grupos proteobacterianos: Alfaproteobacterias, Betaproteobacterias, Gammaproteobacterias, Deltaproteobacterias, e Epsilonproteobacterias. Inicialmente os espirilos foron clasificados no xénero Spirillum, que foi un dos primeiros xéneros de procariotas que se crearon, xa no século XIX, por Ehrenberg en 1832. Spirillum chegou a ter moitas especies, pero despois foron reclasificadas noutros xéneros, e hoxe nas listas da LPSN Spirillum só ten dúas especies.
A curvatura espiral dos espirilos pode variar desde só unha volta completa (ao que os fai parecerse aos vibrios) ata moitas voltas (o que fai que se parezan ás espiroquetas). Nunca teñen endoflaxelos como as espiroquetas, as cales teñen forma de sacarrollas con voltas máis apertadas ca as dos espirilos e máis flexibilidade. Os espirilos, á parte da súa forma espiral e de que son gramnegativos e a maioría móbiles e flaxelados, con frecuencia con penachos de flaxelos, teñen gran variedade de características metabólicas e formas de vida. Hainos patóxenos, simbiontes e de vida libre e están distribuídos amplamente en medios acuáticos. Poden ser aerobios estritos ou facultativos ou microaerófilos, fermentativos ou fixadores de nitróxeno.
Algúns espirilos son de gran lonxitude e é posible que algúns foran observados xa por Antoni van Leeuwenhoek. Algúns espirilos teñen características especiais, como o magnetotactismo de Magnetospirillum, o fototrofismo de Thiospirillum ou a fixación do nitróxeno de Azospirillum lipoferum. Os xéneros Campylobacter e Helicobacter son patóxenos do aparato dixestivo.
Son espirilos por exemplo os xéneros: Spirillum, Aquaspirillum, Oceanospirillum, Magnetospirillum, Azospirillum, Herbaspirillum, Campylobacter, Helicobacter, Ancylobacter (que son como vibrios enrolados sobre si mesmos), Thiospirillum (bacteria vermella do xofre de gran tamaño), Rhodospirillum. O xénero Bdellovibrio é en realidade similar a un vibrio só lixeiramente torsionado.