A dos polioptílidos (Polioptilidae) é unha familia de pequenas aves paseriformes da superfamilia dos certioideos.
As 17 especies desta familia (algúns autores redúcenas a 15, mentres que outros auméntanas até as 20)[Cómpre referencia] viven en toda América, excepto no extremo sur e as altas rexións dos Andes. A maior parte delas habitan sobre todo en zonas tropicais e subtropicais, onde son residentes permanentes, pero Polioptila caerulea, dos Estados Unidos e o sur do Canadá, migra cara ao sur para pasar o inverno.
Estas delicadas aves parécense aos Sylviidae do Vello Mundo (en cuxa familia estiveron situados antigamente) na súa estrutura e hábitos, e móvense continuamente entre a follaxe na busca de insectos.
Existen tres xéneros nesta familia: Polioptila, Microbates e Ramphocaenus.[1]
As especies do primeiro xénero son na súa maioría de cor gris azulada suave, e teñen o bico longo e afiado, típico das aves insectívoras. Moitas especies teñen patróns negros distintivos na cabeza (especialmente os machos) e colas longas, que polo regular mostran ergueitas, de cor branca e negra. As especies dos outros dous xéneros son máis pardas, máis grosas e, proporcionalmente, coas colas máis curtas e os bicos máis longos.
Os Microbates e os Ramphocaenus aparecen tipicamente no mato de bosques densos, a miúdo húmidos, mientras que os Polioptila, dependendo da especie, aparecen en calquera lugar, desde hábitats de matogueiras secas (como Polioptila californica) até o dosel da selva tropical da Amazonia (como Polioptila guianensis).
As especies de América do Norte aniñan en arbustos ou en árbores, pero o comportamento reprodutivo de varias das especies neotropicais descoñécese.
A familia foi descrita en 1858 polo zoólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird, especializado en herpetoloxía, ornitoloxía e ictioloxía.
O nome científico Polioptilidae está formado, como é usual, sobre a raíz do nome do xénero tipo, Polioptila, coa adición do sufixo do latín científico ´-idae, neutro plural de ´-ideus, tirado do sufixo patronímico do grego antigo -ίδης -ídēs (indicando semellanza), co que se forman os nomes da familias de animais.
Segundo o ITIS a familia comprende tres xéneros, coas especies que ser relacionan a continuación:[1]
Familia Polioptilidae S. F. Baird, 1858