Solea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos soleidos,[1] propios dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico leste, e do mar Mediterráneo, coñecidos como linguados (ou linguados verdadeiros).
O xénero foi creado en 1806 polo naturalista sueco Conrad Quensel.[1]
Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo:[1]
Solea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).[2]
Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes 10 especies:[1]
Porén, algúns autores reducen o número de especies. Por exemplo, a EOL só admite catro: Solea aegyptiaca, S. ovata, S. senegalensis e S. solea.[4] E en FishBase non se admite Solea indica, por ser unha especie dubidosa.[5] E outros, non consideran esta, pero si a Solea fulvomarginata Gilchrist, 1904,[6] que o WoRMS identifica con Barnardichthys fulvomarginata (Gilchrist, 1904).
Solea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos soleidos, propios dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico leste, e do mar Mediterráneo, coñecidos como linguados (ou linguados verdadeiros).