dcsimg

Portunoideos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos portunoideos (Portunoidea) é unha superfamilia de crustáceos decápodos brauiúros que agrupa once familias, das cales catro só albergan formas fósiles.

As máis coñecidas son as dos xeriónidos (cangrexos de alta mar), portúnidos (cangrexos nadadores) e tricodactílidos (cangrexos de auga doce).[1]

Foi creada en 1815 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque (1783-1840).[2]

Descrición

A casca, algo plana e lisa, é xeralmente máis ancha que longa, e de forma hexagonal, subhexagonal, rectangular ou transversalmente ovalada. É xeralmente máis ancha entre as espiñas dorsais detrás do bordo dianteiro; pode ter até 9 pares destas espiñas dorsais, con algunhas máis pequenas á dereita sobre o rostro, pero faltan nalgunhas especies.[1]

En varias especies, o primeiro pleópodo do endopodio é lobulado e forma o característico lóbulo portúnido. As quelas (pinzas) son robustas e, ás veces, o último par de pleópodos presenta unha pinza ovalada.[1]

As suturas do esterno entre os segmentos 4 e 8 son xeralmente incompletas e, na familia dos portúnidos, as oito partes do esterno son usualmente visíbeis se se observan desde abaixo, e presentan un suco penial.[1]

Nos machos, os somitos abdominais están todos libres ou do terceiro ao quinto están fundidos, pero conservando a miúdo as suturas. O primeiro gonopodio é moi curvado, en forma de gancho, e coa base inchada.[1]

Familias

Segundo o WoRMS, comprende as seguintes familias:[2]

Algún autores considera tamén a:

A elas hai que engadir as extintas:[3]

Carcineretidae, unha familia fósil do cretáceo, adoita ser clasificada nesta superfamilia. Se iso é correcto, outra familia extinta, a dos Torynommidae, tamén debería ser incluida en Portunoidea.[1]

A controversia sobre as familias que deben inluírse, ou non, nesta superfamilia deberá revisarse tras as oportunas análises filoxenéticos moleculares.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Karasawa, H. & Schweitzer, C. E. (2006): "A new classification of the Xanthoidea sensu lato (Crustacea: Decapoda: Brachyura) based on phylogenetic analysis and traditional systematics and evaluation of all fossil Xanthoidea sensu lato". Contributions to Zoology 75(1/2): 23-73. PDF texto completo Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  2. 2,0 2,1 Portunoidea Rafinesque, 1815 no WoRMS.
  3. 3,0 3,1 3,2 De Grave & al. (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans." Raffles Bulletin of Zoology. Suppl. 21: 1-109. texto orixinal.
  4. Schubart & Reuschel (2009): "A proposal for a new classification of Portunoidea and Carcroidea (Brachyura: Heterotremata) based on two independent molecular phylogenies". Decapod Crustacean Phylogenetics. 18: 533–549.
  5. Karasawa, H.; Schweitzer, C. R. & Feldmann, R. M. (2008): "Revision of the Portunoidea Rafinesque, 1815 (Decapoda: Brachyura) with emphasis on the fossil genera and families". Journal of Crustacean Biology, 28: 82-127.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rafinesque, C. S. (1815): Analyse de la Nature, ou Tableau de l’Univers et des Corps Organisés. Palermo: L'Imprimerie de Jean Barravecchia.
  • De Grave et al., (2009): "A classification of living and fossil genera of decapod crustaceans". Raffles Bulletin of Zoology Suppl. '21: 1–109.texto orixinal.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda" en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 284-292. ISBN 2-85653-538-0.
  • McLaughlin, P. A.; Lemaitre, R. & Sorhannus, U. (2007): "Hermit crab phylogeny: a reappraisal and its “fall-out”". Journal of Crustacean Biology, 27 (1): 97-115. Resume

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Portunoideos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Liocarcinus depurator (portúnidos)  src= Geryon longipes (xeriónidos)  src= Cangrexo real (xeriónidos)  src= Necora puber. (portúnidos)

A dos portunoideos (Portunoidea) é unha superfamilia de crustáceos decápodos brauiúros que agrupa once familias, das cales catro só albergan formas fósiles.

As máis coñecidas son as dos xeriónidos (cangrexos de alta mar), portúnidos (cangrexos nadadores) e tricodactílidos (cangrexos de auga doce).

Foi creada en 1815 polo naturalista estadounidense Constantine Samuel Rafinesque (1783-1840).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician