Neotragus batesi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos,[2][3] cuxa clasificación é discutida na actualidade. É un pequeno antílope que vive nas selvas húmidas da África central e oriental.
A especie foi descrita en 1903 polo zoólogo e coleccionista de animais británico William Edward de Winton, na revista Proc. Zool. Soc. Lond., 1903 (1): 192.[2]
Para a etimoloxía do xénero, véxase Neotragus.
O nome esprecífico, batesi, é en honor do naturalista e explorador británico Henry Walter Bates.[Cómpre referencia]
Na maior parte dos idiomas europeos coñécese cos nomes de antílope anano de Bates ou neotrago de Bates (coas modificacións propias de cada lingua).
A maioría dos autores non recoñecen en Neotragus batesi subespecies.[1][2][3][4][5]
Porén, algúns recoñecen dúas, baseándose en variacións na coloracióin da pelaxe do tronco e das patas:[6]
Pero estas variacións no foron confirmadas por evidencias xenéticas, polo que só poden atribuírse á separación existente entre ambas as subpoboacións (ver más abaixo "distribución").
Segundo Eva V. Bärmann, da Universidade de Cambridge, e o seu colega Tim Schikora, do Centro de Investigación da Biodiversidade e o Clima de Frankfurt, a pesar de que as especies de antílopes ananos se reuniron comunmente na tribo dos neotraguinos debido á súa aparencia morfolóxica xeral, as análises filoxenéticas demostraron que non todos están estreitamente relacionados, polo que suxeriron restrinxir o nome de Neotragini ao xénero tipo Neotragus. No seu estudo utilizaron secuencias do citocromo b mitocondrial e medicións lineais do cranio para investigar máis a fondo a similitude das tres especies de Neotragus. Estas análises apoian a estreita relación de Neotragus moschatus e Neotragus batesi. Porén, Neotragus pygmaeus, a especie tipo —que nunca antes se incluira nas análisis filoxenéticas— non está estreitamente relacionada. Segundo estes autores, podería compartir un antepasado común máis recente con outro "antílope anano", o Oreotragus oreotragus, e cos duiqueros do taxon Cephalophini. Polo tanto, suxeriron resucitar o xénero Nesotragus Von Dueben, 1846 para incluír nel a Neotragus moschatus e Neotragus batesi, deixando a Neotragus pygmaeus como a única especie do xénero.[7]
É un antílope moi pequeno, o segundo máis pequeno detrás do antílope real ou antílope anano (Neotragus pygmaeus), ao que só supera nuns poucos centímetros de longo (de 5 a 10). Moi similar a este, de corpo delicado e compacto, sen cristas no curuto da cabeza, e lombo arredondado. Só os machos presentan cornos, que son rectos, pequenos, con aneis e rematados en punta. As orellas son máis ben curtas. O fociño está espido. Os pezuños interiores son estreitos e apuntados. Presenta glándulas preorbitais e nos pezuños, e carece de glándulas inguinais. As diferenzas, ademais do tamaño, consisten, aparte dalgún pequenos detalles anatómicos, en que a cor da cola é parda escura uniforme, en que presenta de aneis na base dos cornos, que son totalmente lisos no real, e nos pezuños laterais, que non son normalmente visíbeis. Tamén se pode confundir con outros "antílopes ananos", como os duiqueros, que son algo máis grandes, a forma xeral do corpo é diferente, non presentan un perfil recto na cabeza, e si en cambio cristas entre os pequenos cornos.[8]
A coloación xeral da súa pelaxe é parda oscura brillante no lombo e más clara nos flancos. A garganta e e o ventre son brancos, tinxidos ás veces de amarelada apagada. A cola é uniformemente apardazada.[6][8]
Os cornos, presentes só nos machos, como quedou dito, son moi pequenos (de 2,5 a 4 cm), robustos e anelados na base, lisos nas partes superiores, inclinados cara a atrás e rematados en agudas puntas.[8]
A lonxitude da cabeza e tronco oscila entre os 50 e os 55 cm, a cola mide de 5 a 8 cm, a altura na cruz é dus 30 com, e o peso anda entre os 4 a os 5 kg.[8][9] Os machos son bastante máis grandes e pesados que as femias.[6]
O hábitat típico de Neotragus batesi son as densas selvas húmidas das terras baixas da África central,onde encontra agocho nas matogueiras densas. Pero tamén habita en plantacións, bosques secundarios, áreas despexadas e zonas ao redor dos asentamentos humanos.
A súa área de distribución divídese tres poboacións separadas: ao norte, encontrase nunha pequena zona do sueste de Nixeria; en África occidental, na conca baixa do Congo, esténdes por unha ampla área do sur de Camerún, en toda a Guinea Ecuatorial e o Gabón e unha pequena zona do sueste da República Centroafricana e porcións máis amplas do norte e o sur da República do Congo e, na África central ocupa o unha ampla parte do nordeste da República Democrática do Congo e unha pequena do oeste de Uganda.[1]
Os antílopes ananos de Bates comn follas e abrochos dos arbustos, cogomelos, pastan e prados e comen tamén outras plantas herbáceas. E también platas cultivadas, polo que son animais pouco pulares entre os agricultores que, moitas veces, os cazan con trampas cerca dos seus campos agrícolas.[6]
Os machos son territoriais, marcando o seu territorio coa secrecióno das súa glándulas preorbitaís; a extensión típica do seu territorio é de 2 a 4 hectáreas. As femias son mái sociais entre si e, ás veces, viven en grupos pequenos. Cando se asustan, foxen emitindo unha especie de ladrido.[6]
A maioría dos antílopes ananos aparéanse nas estacións secas serodias e nas temperás húmidas. O período de xestación é de 180 días. As femias paren unha soa cria, que pesa ao nacer entre 1,6 e 2,4 kg.[6]
Seguindo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza a especie non está en perigo, aínda que se enfronta á perda do seu hábitat, porque, en xeral, é capaz de adaptarse aos bosques secundarios, plantacións, bordos de camiños e xardíns dos poboados. Porén, a expansión da poboación humana ten un efecto negativo na poboación futura deste pequeno antílope. Aínda que non se caza comercialmente, os agricultores cázano en cantidcades limitadas para aproveitar a súa carne, que usan como alimento. Por iso estra entidade cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Neotragus batesi é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos antilopinos, cuxa clasificación é discutida na actualidade. É un pequeno antílope que vive nas selvas húmidas da África central e oriental.