Acanthochitona fascicularis é un molusco dos poliplacóforos que habita baixo das rochas e entre as algas no litoral ata os 50 metros de profundidade[1], a especie distribúese por todo o Mediterráneo, e o Atlántico desde a Canle da Mancha ata Azores e as Canarias [2]. A súa forma é oval alongada, a súa lonxitude é o dobre do seu largo, súa cuncha, está formada por oito placas calcarias moi arqueadas e rodeada por unha ampla marxe coriácea, onde se dispoñen oito pares de pequenos fascículos de pelos quitinosos[3]. A súa cor é variable, abrancazada, pardacenta, amarelada ou grisalla. Pode chegar ata os 60 mm[4].
Acanthochitona fascicularis é un molusco dos poliplacóforos que habita baixo das rochas e entre as algas no litoral ata os 50 metros de profundidade, a especie distribúese por todo o Mediterráneo, e o Atlántico desde a Canle da Mancha ata Azores e as Canarias . A súa forma é oval alongada, a súa lonxitude é o dobre do seu largo, súa cuncha, está formada por oito placas calcarias moi arqueadas e rodeada por unha ampla marxe coriácea, onde se dispoñen oito pares de pequenos fascículos de pelos quitinosos. A súa cor é variable, abrancazada, pardacenta, amarelada ou grisalla. Pode chegar ata os 60 mm.