Os basidiomicetos (Basidiomycota) son unha división do reino Fungi que inclúe os fungos que producen basidios con basidiosporas. Contén os clásicos cogomelos e fungos con chapeu.
Este filo é o máis evolucionado e o máis coñecido pois comprende numerosos e variados tipos de fungos. Cando son de carácter heterotálico, o micelio primario sofre dicariotización (somatogamia ou espermatización) producindo hifas dicarióticas que corresponden ó micelio secundario. Nos fungos de carácter homotálico unha basidiospora produce o micelio dicariótico. Hai presenza de quitina nas paredes celulares, e aparecen unhas estruturas chamadas fíbulas, moi parecidas ós uncínulos dos ascomicetos.
Os basidiomicetos clasifícanse en tres subfilos con diferentes clases:
Os basidiomicetos (Basidiomycota) son unha división do reino Fungi que inclúe os fungos que producen basidios con basidiosporas. Contén os clásicos cogomelos e fungos con chapeu.