Pseudopleuronectes herzensteini é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes,[2] coñecida en galego como limanda castaña xaponesa.[3]
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Pacífico noroeste, nas costas do mar do Xapón, as illas Kuriles, a illa de Sakhalin, Corea, mar Amarelo e mar da China Oriental.[4]
Pode alcanzar até 50 cm de lonxitude, aínda que comunmente ronda os 28,5 cm. O seu peso máximo rexistrado é de 1,3 kg, e pode chegar a vivir 15 anos.[4]
A especie foi descrita en 1901 polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e John Otterbein Snyder, baixo o nome de Limanda herzensteini.[1][5]
Ademais de polo nome actualmente válido, e polo orixinario que lle deron Jordan e Snyder, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
O nome Limanda, que adoptou Gottsche para o xénero por el creado, e que foi no que Jordan e Snyder incluíron a especie, é un termo do latín científico tirado do francés limande "limanda", que á súa vez deriva do francés antigo lumande, e este do latín lima, "lima" (utensilio dos carpinteiros), ao que lle engadiu o sufixo -ande; estes peixes serían así denominado a causa da rugosidade da súa pel, no sentio de que era 'boa para limar'.[6][7]
O nome do xénero no que actualmente se siúia esta especie, Pseudopleuronectes, está construído coa forma prefixa do latín científico pseudo-, tirada da do grego antigo ψεῦδο- pseũdo-,[8] derivada de ψευδής, pseudḗs, "falso", e o nome do xénero Pleuronectes. Literalmente: "as falsas sollas", ou "os parecidos ás sollas".
En canto ao nome específico, herzensteini, é unha homenaxe que Jordan e Snyder lle fixeron ao zoólogo ruso Solomon Márkovich Herzenstein (1854 - 1894).
Pseudopleuronectes herzensteini captúrase na zona de pesca 61 (Pacífico noroeste).[3]
Pseudopleuronectes herzensteini é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das cinco que integran o xénero Pseudopleuronectes, coñecida en galego como limanda castaña xaponesa.
É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de certa importancia comercial, que habita en augas temperadas do Pacífico noroeste, nas costas do mar do Xapón, as illas Kuriles, a illa de Sakhalin, Corea, mar Amarelo e mar da China Oriental.
Pode alcanzar até 50 cm de lonxitude, aínda que comunmente ronda os 28,5 cm. O seu peso máximo rexistrado é de 1,3 kg, e pode chegar a vivir 15 anos.