O Agrocybe aegerita, tamén coñecido cos nomes científicos Agrocybe cylindracea e Pholiota aegerita,[1] é un fungo pertencente ao xénero Agrocybe. De orixe foránea, aparece en Galiza[2] en formacións de chopos e umeiros, polo que se coñece vulgarmente como cogomelo dos chopos[3]. O seu apoxeo galego é polo mes de novembro.
Pertence aos fungos das podremias brancas sendo un agárico de mediano tamaño, cun chapeu moi aberto e convexo, case plano, cun diámetro de 3 a 10 cm. Por baixo, ten moitas placas esbranquizadas radiais adherentes ao pé, que despois se tornan nunha cor cinsenta apardazada; e esporas lixeiras e elípticas de 8-11 por 5-7 micrómetros. O pé, branco e fibroso, adoita ser curvo, cun anel membranoso na parte superior, que axiña se torna nunha cor tabaco por mor á caída das esporas. Cando o cogomelo é novo é dunha cor vermello apardazada, tornándose despois nunha cor parda clara, máis ocre cara o centro e máis abrancazada cara os bordos do chapeu.
Desenvólvese nos tocos, toros e buracos dos troncos de árbores como os chopos e os umeiros. Cultívase e comercialízase no Xapón, Corea, Australia e na China.
É unha importante e valiosa especie, que posúe variedades con metabolitos secundarios bioactivos como os derivados indólicos con radicais libres de actividade secuestradora, de propiedades anticanceríxenas e antifúnxicas[4].
O Agrocybe aegerita, tamén coñecido cos nomes científicos Agrocybe cylindracea e Pholiota aegerita, é un fungo pertencente ao xénero Agrocybe. De orixe foránea, aparece en Galiza en formacións de chopos e umeiros, polo que se coñece vulgarmente como cogomelo dos chopos. O seu apoxeo galego é polo mes de novembro.