dcsimg

Lagosta moura ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).

Descrición

Alcanza tamaños moi superiores ós normais na lagosta común, chegando a lonxitudes de ata 75 cm e pesos de 5 a 6 kg. As tallas habituais rondan os 50 cm.

O cefalotórax desta especie é maior e máis avultado có da lagosta común, e mostra unha cor rosada-vermella, sen manchas. Na parte lateral do abdome presenta pequenas manchas máis claras có fondo, mesmo brancas, de tamaño desigual.

Nas antenas destacan os aneis rosas e brancos. Outra característica a sinalar é o feito de que o primeiro par de patas non remata en pinza, senón nunha uña única.

Hábitat

Atópase no Atlántico occidental africano e no Mediterráneo, chegando á altura do ecuador. Normalmente prefire fondos duns 100 metros de profundidade.

Sinonimia

Outros nomes desta lagosta don os de lagosta mauritánica, lagosta portuguesa, lagosta africana, lagosta salameña, lagosta rosada ou lagosta diamante.

  • inglés: pink spiny lobster
  • francés: langouste de Mauritania
  • alemán: mauretanische languste
  • italiano: aragosta mauritanica
  1. A. Cockcroft, M. Butler & A. MacDiarmid (2009). "Palinurus mauritanicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o August 22, 2011.
  2. Lipke B. Holthuis (1991). "Palinuus mauritanicus". FAO Species Catalogue, Volume 13. Marine Lobsters of the World. FAO Fisheries Synopsis No. 125. Food and Agriculture Organization. pp. 121–122. ISBN 92-5-103027-8. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2014.
lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician

Lagosta moura: Brief Summary ( galicia )

tarjonnut wikipedia gl Galician

Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).

lisenssi
cc-by-sa-3.0
tekijänoikeus
Autores e editores de Wikipedia
alkuperäinen
käy lähteessä
kumppanisivusto
wikipedia gl Galician