Timon é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.[2][3]
A única especie presente en Galicia é o lagarto arnal (T. lepidus).[4]
O xénero foi descrito en 1836 (como subxénero), polo médico, naturalista, diplomático, lingüista, e explorador suízo Johann Jakob von Tschudi, na páxina 551 do seu traballo "Über ein neues Subgenus von Lacerta Cuv." Isis von Oken 29 (7): 546-551.
Desde 2007 (Arnold et al.) aceptouse a súa separación do xénero Lacerta, nome co que figuraba desde a primeira descrición do século XIX.[5]
Na actualidade recoñécense no xénero as seguintes seis especies:[2]
As especies de Timon, como os membros de Lacerta, as súas especies irmáns, teñen a cabeza e tronco fortes e non aplanados. Porén, son de maior tamaño e alcanzan unha lonxitude de cabeza e tronco de 10 a 21 cm ou máis. Os machos son máis grandes que as femias. A premaxila (a porción do maxilar superior procedente do proceso frontonasal) adoita ter nove dentes. O hemipene ten pequeñas espiñas en forma de gancho.
A coloracón básica das partes superiores é verde, gris ou marrón, con machas escuras, e a das inferiores vai do verde ao amarelo verdoso ou abrancazado, sen manchas escuras. Na rexión do ombro e os flancos a miúdo mostran manchas azuis (ocelos), ás veces dispostos en varias fileiras. A cor da garganta pode diferir da do abdome e, segundo a especie, pode ser amarela, alaranxada, vermella ou azul claro. Os animais xoves non teñen colas de cores brillantes.
As especies de Timon prefiren biótopos con vexetación mesta e, como as de Lacerta, aliméntan se principalmente de insectos e outros pequenos invertebrados, que poden ser máis grandes que as presas que apañan as especies de Lacerta, pero ás veces tamén comen froitos, ovos de aves, crías, lagartas e incluso ratos. Son ovíparos. Durante o apareamento, o macho morde un costado da femia. Unha niñada contén de 5 a 22 ovos. As crías teñen cabezas grandes e extremidades curtas.
Timon nevadensis macho e femia (arriba) capturados no Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.
Timon princeps en Turquía.
Timon tangitanus no zoo de Praga.
Timon é un xénero de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.
A única especie presente en Galicia é o lagarto arnal (T. lepidus).